Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    30 de xullo de 2013

    Priberam, empresa especialista no desenvolvemento de software e contidos dixitais para a lingua portuguesa, lanzou a última versión do FliP 9, conxunto de ferramentas lingüísticas de revisión e axuda para a escrita en portugués.

    Fonte: Dinheiro Vivo

    30 de xullo de 2013

    A importancia xeoestratéxica dos países que falan o portugués axudará o idioma a crecer no mundo, declarou o novo embaixador de Portugal na Misión Permanente das Nacións Unidas, Álvaro Mendonça e Moura. Ademais, lembrou nunha entrevista a Radio ONU, que o portugués está presente en todos os continentes, especialmente en África, que concentra cinco nacións de lingua portuguesa.

    Fonte: Epoch Times

    29 de xullo de 2013

    A plataforma para iniciarse en inglés, español, portugués ou romanés, financiada pola UE, naceu en Galicia e recibe 300 000 visitas ao ano.

    Fonte: Faro de Vigo

    29 de xullo de 2013

    Os membros do Proxecto Trasno anunciaron a tradución de novos programas abertos nacionais e internacionais ao galego: por unha banda a nova versión de Apache Apache OpenOffice e, pola outra, a máis recente entrega de Libreoffice.

    Fonte: Código Cero

    29 de xullo de 2013

    O Concello de Palma esixirá o requisito do catalán só a un de cada cinco funcionarios municipais, aínda que se manterá o requisito de coñecer a lingua propia a todos os postos que teñan relación co cidadáns.

    Fonte: Diario de Mallorca

    29 de xullo de 2013

    A alcaldesa de Logroño, Concepción Gamarra, ratificou un convenio de colaboración co presidente da Asociación de Persoas Xordas da Rioxa, Óscar Rodríguez, o que permitirá, cunha axuda municipal de 36 000 euros, dar continuidade ao servizo de intérpretes de lingua de signos.

    Fonte: ABC

    27 de xullo de 2013

    O Goberno escocés financiou a publicación dun novo dicionario de lingua gaélica que terá como principal obxectivo a promoción desta lingua en Escocia.

    Fonte: Herald Scotland

    27 de xullo de 2013

    Os oito países da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP) teñen preto de 244 millóns de habitantes e o Brasil é onde viven os falantes máis novos mentres que, Portugal, conta coa maior porcentaxe de falantes vellos, segundo as “Estatísticas da CPLP” de 2003 a 2010. De cada dez residentes no espazo lusófono, oito habitan no Brasil.

    Fonte: Lusomonitor

    26 de xullo de 2013

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, clausurou os cursos de verán de lingua e cultura galegas para persoas estranxeiras que se desenvolveron nas cidades da Coruña e de Santiago de Compostela.

    Fonte: Xunta de Galicia

    26 de xullo de 2013

    A Deputación da Coruña deu instrucións a un funcionario para que non utilice o galego no seu traballo escrito no rexistro xeral desta institución.

    Fonte: Cadena Ser

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder