Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    28 de outubro de 2013

    Que ao morrer non se perda, ademais da vida, a lingua. É o propósito para o que traballa desde hai anos a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística (AFNLG) e que agora se materializa nunha campaña específica dirixida ao uso do galego nos cemiterios, necrolóxicas e demais honras fúnebres.

    Fonte: Faro de Vigo

    28 de outubro de 2013

    O Proxecto Trasno anuncia o lanzamento da versión 13.10 “Padre Sobreira” do corrector Hunspell, a única ferramenta de corrección ortográfica de código aberto que existe para o galego.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    28 de outubro de 2013

    Un total de 500 alumnas e alumnos de 27 centros educativos participarán este outono nas estadías para a formación en linguas estranxeiras (concretamente en inglés) convocadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e que son gratuítas para os estudantes.

    Fonte: Xunta de Galicia

    26 de outubro de 2013

    O Tribunal da Unión Europea anulou algúns anuncios de oposicións para postos de traballo nas institucións europeas porque estaban publicados exclusivamente en francés, alemán e inglés.

    Fonte: LeggiOggi

    26 de outubro de 2013

    As linguas indíxenas ou orixinarias do Perú son obxectivo prioritario do Estado peruano, declarou a ministra de Cultura, Diana Álvarez-Calderón Gallo, durante a súa participación na Semana do Quechua que tivo lugar na cidade de Cuzco.

    Fonte: Tuteve

    26 de outubro de 2013

    Unha das conclusións do sexto Congreso Internacional da Lingua Española, celebrado en Panamá, é que cada vez máis países demandan ferramentas para aprender a lingua española.

    Fonte: El Universal

    25 de outubro de 2013

    As xeracións máis novas son as que máis utilizan o éuscaro á hora de relacionarse, mentres que os adultos se expresan en éuscaro con maior frecuencia cando se dirixen aos nenos e moito menos cando manteñen unha conversa con outro adulto. Os datos recóllense no estudio realizado por Soziolinguistika Klusterra, unha medición do uso do éuscaro a nivel de rúa.

    Fonte: Diario Vasco

    25 de outubro de 2013

    A Confederación Estatal de Persoas Xordas (CNSE) denunciou que, cando se cumpren seis anos da lei que recoñeceu a lingua de signos castelá e catalá, aínda hai alumnos con discapacidade auditiva escolarizados en España que non dispoñen dun intérprete en clase que lles traduza a lección do profesor.

    Fonte: Europa Press

    25 de outubro de 2013

    O alumnado de ensino secundario da Güiana poderá aprender portugués despois de que o Ministerio de Educación do país americano introducise oficialmente a lingua portuguesa no currículo escolar en cinco escolas piloto.

    Fonte: Guyana Times

    25 de outubro de 2013

    Un maior coñecemento da contorna da internet, superar certas carencias no coñecemento da lingua oral e escrita, tanto en galego coma en castelán, e adquirir un maior coñecemento práctico dos medios e comunicación e do protocolo son algunhas das necesidades que presentan os novos profesionais do sector segundo un estudo realizado recentemente por dous integrantes do grupo de investigación NeCom da Universidade de Vigo.

    Fonte: Universidade de Vigo

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder