Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    23 de outubro de 2013

    O catro grupos representados no Pazo do Hórreo (PPdeG, PSdeG, AGE e BNG) aprobaron por unanimidade unha iniciativa na que se insta á Xunta a realizar, xunto coa administración competente, unha campaña a favor do galego en Europa.

    Fonte: Galicia Hoxe

    23 de outubro de 2013

    Existe unha extensa rede de termos descoñecidos para a maioría da cidadanía hai apenas uns anos e que hoxe forman xa parte do noso día a día. Con todo, os termos que designan estas innovacións non son idénticos en todos os países. Conscientes desta realidade un equipo de traballo de once expertos, sete do Brasil e catro de Galicia, iniciaron a elaboración dun catálogo de imaxes (metáforas etc.) que servirá de base para a elaboración dun futuro dicionario sobre a crise económica internacional.

    23 de outubro de 2013

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación pública da edición ampliada e mellorada do Dicionario de pronuncia da lingua galega, promovido polo Instituto da Lingua Galega (ILG) da Universidade de Santiago de Compostela (USC), coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

    Fonte: Xunta de Galicia

    23 de outubro de 2013

    O Departamento de Cultura, a través da Dirección Xeral de Política Lingüística, coa colaboración do Consorcio pola Normalización Lingüística, presentou o programa Llegiu i parleu que ten como obxectivo favorecer a conversa en catalán a partir da lectura de textos.

    23 de outubro de 2013

    Os Servizos Lingüísticos da Universidade de Barcelona, co apoio da Secretaría de Universidades e Investigación do Departamento de Economía e Coñecemento da Generalitat de Cataluña, ampliaron as Guías de conversa universitaria, unha ferramenta interactiva para axudar tanto aos estudantes acabados de chegar a Cataluña coma aos estudantes cataláns que se marchen a unha universidade estranxeira.

    22 de outubro de 2013

    A comisión de educación do Parlamento de Portugal debate un proxecto de resolución do Partido Socialista (PS) no que se recomenda ao Goberno portugués o ensino obrigatorio do inglés no primeiro ciclo de educación primaria e a introdución dunha segunda lingua estranxeira.

    Fonte: TVi24

    22 de outubro de 2013

    O Clube de Lingua-Equipo de Normalización Lingüística do IES Marco do Camballón (Vila de Cruces) presentou publicamente a obra Mámoas de Oirós. Lendas possíveis , de Ramón Taboada Montoto, na que se recollen oito lendas relacionadas co conxunto megalítico de Oirós.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    22 de outubro de 2013

    O Equipo de Dinamización da Lingua Galega da Escola Oficial de Idiomas da Coruña presenta a programación de actividades para este curso 2013-2014.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    22 de outubro de 2013

    O músico Fermín Muguruza, a cociñeira Aizpea Oihaneder ou a deseñadora de moda Iraia Oiartzabal son algúns dos profesionais que falarán das súas experiencias co éuscaro no proxecto “Ika Mizka”, que percorrerá tres campus de Guipúscoa para fomentar o uso desta lingua entre a mocidade.

    Fonte: Diario Vasco

    22 de outubro de 2013

    As xuventudes de EuiA iniciaron unha “fronte común” para defender o catalán xunto cos mozos de Esquerra Unida do País Valenciano e Esquerra Unida das Illas Baleares. As tres organizacións elaboraron un comunicado conxunto no que instan a crear un “marco de colaboración estable” para loitar xuntos en defensa do catalán”.

    Fonte: ABC

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder