Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    18 de outubro de 2013

    Deportistas biscaíños de primeiro nivel van liderar, xunto á Área de Éuscaro, Xuventude e Deporte do Concello de Bilbao, a Asociación de Pais e Nais de Biscaia, BIGE e Itzarri Consulting unha campaña a favor da normalización do éuscaro tendo como base o ámbito deportivo.

    Fonte: Deia

    18 de outubro de 2013

    Varias organizacións de emigrantes do Reino Unido, Francia, Suíza e os sindicatos de profesores CCOO, UGT e STES uníronse nunha plataforma a favor do mantemento e desenvolvemento das Agrupacións de Lingua e Cultura Españolas (ALCE) para descendentes de españois no estranxeiro.

    Fonte: Terra

    18 de outubro de 2013

    O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Moaña organiza, no marco do programa de dinamización lingüística Canto Xogo!, un novo obradoiro de xogos e música tradicional, destinado a nenas e nenos de entre 4 e 12 anos, co obxectivo de fomentar a transmisión oral da lingua galega no ámbito da familia.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    17 de outubro de 2013

    A mostra “Querido Balbino 1961-2011: 50 anos de Memorias dun neno labrego”, coa que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, homenaxea a obra máis lida e máis traducida da literatura galega fai parada en Cerceda.

    Fonte: Xunta de Galicia

    17 de outubro de 2013

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación de Dióxenes en Dolorida, de Ignacio Portabales, a obra gañadora da XXX edición do Premio Blanco Amor de Novela.

    Fonte: Xunta de Galicia

    17 de outubro de 2013

    Cinco estudantes dos dous últimos cursos de Secundaria e de Bacharelato terán a responsabilidade de crear o contido específico co que alumnos de todo o mundo poidan aprender castelán.

    Fonte: Diario de Burgos

    16 de outubro de 2013

    O Goberno maltés prevé a introdución do ensino da lingua chinesa nas escolas de educación secundaria sempre que haxa suficientes estudantes interesados, anunciou o ministro de Educación, Evarist Bartolo.

    Fonte: Times of Malta

    16 de outubro de 2013

    Un informe de Eurostat, a oficina estatística da Unión Europea, mostra que os estudantes irlandeses teñen un baixo dominio das linguas estranxeiras. Mentres que en países como a República Checa, todos os estudantes do ensino secundario estudan dúas ou máis linguas, un quinto dos estudantes irlandeses non estuda idioma estranxeiro ningún.

    Fonte: Independent

    16 de outubro de 2013

    O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez, e mais o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, recibiron na Cidade da Cultura de Galicia os titulares de Política Lingüística dos gobernos do País Vasco e de Cataluña, Patxi Baztarrika e Ester Franquesa, respectivamente. Fixérono no marco da reunión anual de seguimento do Protocolo de colaboración en materia de política lingüística no que participan a Xunta de Galicia, a Generalitat de Cataluña e o Gobierno Vasco-Eusko Jaurlaritza.

    16 de outubro de 2013

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, continúa a despregar polas localidades da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia o programa de dinamización lingüística “Os Axóuxeres”.

    Fonte: Xunta de Galicia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder