Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    14 de outubro de 2013

    A actividade de dinamización lingüística “As pombas de Carboeiro”, que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria promove a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística no marco do programa “FalaRedes 2013”, retoma a súa itinerancia por concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia.

    Fonte: Xunta de Galicia

    14 de outubro de 2013

    Co gallo da vindeira celebración do Día de Defuntos, a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística está a promover, un ano máis, o uso do galego no ámbito dos ritos funerarios e das últimas vontades.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    14 de outubro de 2013

    A asociación de Compostela A Gentalha do Pichel acaba de organizar un novo concurso que ten o "feísmo lingüístico" como protagonista e que está especialmente presente no medio urbano e nas zonas con maior presenza do castelán.

    Fonte: Galicia Confidencial

    14 de outubro de 2013

    A omisión da denominación Foruzaingoa vulneraría a lexislación sobre o uso do éuscaro nas Administracións Públicas de Navarra, que establece que todos os elementos de identificación dos servizos centrais deben redactarse en bilingüe.

    Fonte: Noticias de Navarra

    14 de outubro de 2013

    O Hospital Sant Rafael de Barcelona deu un paso na mellora da atención de persoas xordas e incluíu no seu cadro de persoal unha auxiliar clínica con formación en lingua de signos que acompaña os pacientes con discapacidade auditiva durante toda a súa estancia no centro.

    Fonte: ABC

    11 de outubro de 2013

    Un informe que recomenda a introdución de máis horas de galés nas escolas de fala inglesa do País de Gales levanta polémica nos eidos da educación e a política galesas.

    Fonte: Wales Online

    11 de outubro de 2013

    Un total de 22 000 estudantes do ensino medio de São Paulo (Brasil) poderán inscribirse para facer cursos intensivos gratuítos de 20 días para aprender unha das tres linguas máis faladas no mundo, o inglés, o español e o francés. A iniciativa estará financiada con fondos públicos.

    Fonte: Terra

    11 de outubro de 2013

    Unha deputada galesa do Parlamento Europeo declarou que as linguas ameazadas da Unión Europea desaparecerán se non se toman medidas preventivas suficientes para garantir o seu uso en todos os ámbitos da vida.

    Fonte: The Parliament

    11 de outubro de 2013

    Científicos británicos e estadounidenses presentaron un estudo sobre a adquisición da linguaxe nos nenos e descubriron que entre os dous e os catro anos de idade o cerebro humano está aberto a un determinado tipo de experiencia que permite o perfeccionamento da linguaxe. O estudo tamén explica por que os nenos teñen facilidade para aprenderen máis dun idioma.

    Fonte: O tempo

    11 de outubro de 2013

    O Parlamento catalán aprobou proseguir o trámite dunha iniciativa para presentar ao Congreso dos Deputados unha modificación lexislativa para que o catalán sexa requisito obrigatorio na Administración de Xustiza en Cataluña.

    Fonte: La Vanguardia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder