Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    09 de outubro de 2013

    A campaña #AndroidEnGalego suma xa 2000 apoios dende o seu lanzamento, co obxectivo de urxir a Google a traducir ao galego a versión base de Android que se distribúe a todos os fabricantes e así permitirlles aos usuarios escoller este idioma nos seus dispositivos con independencia da marca.

    Fonte: Galicia Hoxe

    09 de outubro de 2013

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria levará esta semana o programa de dinamización lingüística “Os Axóuxeres” a tres localidades pertencentes á Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia.

    Fonte: Xunta de Galicia

    09 de outubro de 2013

    A Federación Andaluza de Asociacións de Persoas Xordas quere amosar o seu recoñecemento ao apoio da Junta de Andalucía ao alumnado xordo andaluz, que este ano volverá ter garantido en gran medida o seu acceso ao sistema educativo nas súas diversas etapas.

    Fonte: El Economista

    09 de outubro de 2013

    A música facilita a aprendizaxe do inglés como lingua estranxeira nos nenos, incrementando non só a comprensión oral, senón tamén a produción oral e a lectora, segundo una investigación efectuada na Universidade de Huelva.

    Fonte: Ideal

    08 de outubro de 2013

    A organización non gobernamental International Crisis Group presentou un relatorio sobre as medidas aprobadas polo primeiro ministro turco, Recep Tayyip Erdogan, no que declara que Turquía debería transferir algunhas competencias e garantir que todas as linguas maternas se poidan usar libremente.

    Fonte: Nationalia

    08 de outubro de 2013

    O Servizo de Normalización Lingüística do Grove prepara un novo curso de galego para inmigrantes, o cal podería empezar a finais deste mes ou a principios do próximo.

    Fonte: Faro de Vigo

    08 de outubro de 2013

    Xa son máis de 5000 as persoas que participaron sacando e difundindo unha foto cun lema en apoio ao proceso de normalización da lingua galega, máis de 10 000 as persoas seguidoras en Facebook, máis de 50 as sesións de photocall e un alcance na rede que, nalgunhas semanas, rolda as 70 000 persoas.

    Fonte: CTNL

    08 de outubro de 2013

    Os estudantes do ámbito universitario non van ser os únicos en verse afectados pola suba das taxas. A lei de acompañamento dos orzamentos da Generalitat Valenciana inclúe un incremento do 15 % nunha vintena de taxas académicas non universitarias. O aumento desas cotas afecta especialmente á aprendizaxe de idiomas.

    Fonte: Levante-emv

    08 de outubro de 2013

    O apoio xeneralizado dos cataláns ao modelo vixente de inmersión lingüística, que acada ao 80,7 % dos consultados. É unha das principais conclusións da enquisa de Feedback para La Vanguardia.

    Fonte: La Vanguardia

    07 de outubro de 2013

    O ministro interino de Educación de Irán, Ali Asghar Fani Said, declarou que o ensino das linguas étnicas nas escolas iranianas é unha prioridade e que é hora de aplicar o artigo 15 da constitución de Irán que permite o uso das linguas rexionais nos medios de comunicación e no sistema educativo.

    Fonte: Trend

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder