Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    03 de outubro de 2013

    Miles de persoas manifestáronse na Praza de España de Palma e outras rúas de Menorca e Eivisa contra o Tratamento Integrado de Linguas (TIL). A proposta foi en defensa da retirada completa do TIL e a educación pública e en apoio á folga indefinida de docentes que durante as dúas últimas semanas viven os centros públicos das illas.

    Fonte: El Mundo

    03 de outubro de 2013

    O Tribunal Constitucional sentenciou que o catalán non debe ser un requisito xeral para converterse en funcionario en Baleares, aínda que si constitúa un mérito para puntuar, co que avala a reforma da Lei de función pública de Baleares acometida polo Executivo de José Ramón Bauzá.

    Fonte: La Vanguardia

    02 de outubro de 2013

    O portugués podería ser a segunda lingua para os turistas estranxeiros polo potencial do Brasil nese mercado, segundo aseguraron en São Paulo varios expertos que participaron na cuarta edición do Congreso de Turismo Idiomático, celebrado por primeira vez no país suramericano.

    Fonte: O Mirante

    02 de outubro de 2013

    Unha antiga lingua árabe falada por unhas 60 mil persoas nunhas remotas e dificilmente accesibles montañas do suroeste de Arabia Saudita está en perigo de desaparecer pola emigración dos seus habitantes cara ás grandes cidades.

    Fonte: Milenio

    02 de outubro de 2013

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, deu a coñecer na Coruña o cartel da nova edición do programa de dinamización lingüística “Os Axóuxeres”.

    Fonte: Xunta de Galicia

    02 de outubro de 2013

    Cinco estudantes de Veterinaria, Bioloxía, Enxeñaría Civil, Filoloxía Galega e Mestre/a de Primaria fixéronse cos Premios á calidade lingüística dos traballos académicos da Universidade de Santiago de Compostela do curso 2012-2013.

    Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

    02 de outubro de 2013

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en colaboración co Concello de Redondela, promove o II Obradoiro Internacional de Tradución Poética ‘Con barqueira e remador’.

    Fonte: Xunta de Galicia

    02 de outubro de 2013

    A directora de EiTB, Maite Iturbe, e o presidente de Euskaltzaindia, Andrés Urrutia, renovaron o acordo de colaboración entre ambas as entidades ata 2016, en virtude do cal os medios de comunicación do ente público vasco axudarán "á difusión e afianzamento do modelo de éuscaro estándar de calidade".

    Fonte: Deia

    01 de outubro de 2013

    O novo presidente de Timor Leste, Taur Matan Ruak, resaltou a importancia do idioma para o vínculo histórico e cultural do país cos membros da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP) e declarou que o seu Goberno pretende manter o papel de mediador entre Asia e os países que falan portugués.

    Fonte: África 21

    01 de outubro de 2013

    O primeiro ministro de Turquía, Tayyip Erdogan, anunciou un conxunto de medidas que concederán certos dereitos á minoría kurda, entre os que se atopa o ensino da lingua kurda nas escolas privadas.

    Fonte: BBC

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder