Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    09 de xuño de 2013

    Quiñentos anos despois da chegada do primeiro portugués a China, a aprendizaxe da lingua portuguesa está medrando grazas ao impulso dos negocios e á promoción do bilingüismo, declararon responsables políticos e das institucións do ensino na cidade chinesa de Macau.

    Fonte: Diário Digital

    09 de xuño de 2013

    Os máis de 250 millóns de habitantes dos países de fala portuguesa celebran o luns 10 de xuño o día da lingua lusa, cuxa importancia internacional gaña impulso pola importancia económica e demográfica do Brasil e Angola.

    Fonte: El Universal

    08 de xuño de 2013

    A Comisión Europea aprobará un novo proxecto piloto que mellorará a comunicación entre as institucións europeas e os cidadáns xordos ou con deficiencia auditiva por medio da instalación de tecnoloxías audio e vídeo nas institucións da UE, para que os funcionarios poidan comunicarse máis facilmente cos usuarios da lingua de signos.

    Fonte: Local

    08 de xuño de 2013

    O Parlamento francés aprobou o recoñecemento do "ensino facultativo" das linguas minorizadas na nova Lei de educación que está a debater o lexislativo. Este ensino facultativo poderá ser de dúas formas: "un ensino da lingua e a cultura rexionais" ou "unha educación bilingüe en lingua francesa e na lingua rexional".

    Fonte: Nationalia

    07 de xuño de 2013

    Dous institutos malagueños, o IES Valle del Azahar de Cártama e o Christine Picasso da capital, incorporaranse o próximo curso ao programa Saramago para o ensino do portugués como segunda lingua estranxeira.

    Fonte: Diario Sur

    07 de xuño de 2013

    O Goberno de Navarra impartiu formación de éuscaro a un total de 770 empregados públicos da Comunidade Foral entre setembro de 2012 e maio de 2013. Supón un incremento do 33,2 % con respecto ao mesmo período do ano anterior, cando 578 empregados participaron nos cursos extensivos, intensivos, de autoaprendizaxe e de conversa ofertados polo Instituto Navarro do Vascuence, conxuntamente co INAP.

    Fonte: Noticias Press

    07 de xuño de 2013

    Desde a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) propoñen unha xornada o sábado 22 de xuño para botar a lingua de fóra.

    Fonte: CTNL

    06 de xuño de 2013

    O secretario xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Valentín García, visitou o Instituto Español Vicente Cañada Blanch de Londres, no marco da viaxe oficial que está a realizar no Reino Unido para achegarse a centros do exterior nos que se imparte docencia da lingua, literatura e cultura propias de Galicia.

    Fonte: Xunta de Galicia

    06 de xuño de 2013

    Os resultados do barómetro elaborado polo CIS tras os comicios autonómicos do pasado 21 de outubro revelan que un 54,7 por cento dos votantes consultados ten o galego como lingua materna, fronte a un 30 por cento que ten o castelán.

    Fonte: ABC

    06 de xuño de 2013

    O museo Terra de Melide vén de obter un recoñecemento pola defensa que realiza da lingua galega no seu contido e en todas as súas actividades. Así o fixo saber a Asociación Cultural Servizo de Normalización Lingüística Terra de Melide que outorga, nesta ocasión, o segundo Premio á Defensa do Idioma.

    Fonte: El Correo Gallego

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder