Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    06 de xuño de 2013

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria continúa a despregar os encontros de “Espello Deportivo” polos concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia.

    Fonte: Xunta de Galicia

    06 de xuño de 2013

    Tras a denuncia de Iniciativa polo Asturiano dun caso de discriminación no rexistro do Concello de Oviedo, o pleno municipal aprobou por unanimidade redactar unhas ordenanzas de uso do asturiano, que eviten máis casos coma este.

    Fonte: Infoasturies

    06 de xuño de 2013

    Todos os aspirantes a ocupar algunha praza pública no Concello de Alcúdia deberán acreditar o coñecemento da lingua catalá como requisito para optar ao posto de traballo. Desta forma, o dominio da lingua propia de Mallorca non será considerado un simple mérito no concurso, tal e como recolle a última modificación da Lei de función pública.

    Fonte: Diario de Mallorca

    06 de xuño de 2013

    O Instituto Nacional de Linguas Indíxenas de México (INALI) presentou o novo Mapa das Linguas Indíxenas Nacionais co obxectivo de actualizar os datos que mostran a diversidade lingüística e cultural de México. No novo mapa rexistráronse 68 linguas con 364 variantes e un total de 11 familias lingüísticas.

    Fonte: El Semanario

    06 de xuño de 2013

    O socialdemócrata Zelko Sabo foi reelixido na segunda volta das eleccións municipais da cidade croata de Vukovar e anuncia o recoñecemento oficial da variante lingüística serbia, tal como establecen as leis croatas. Pola contra, o candidato conservador derrotado argumenta que este será "o primeiro paso cara á incorporación de Vukovar a Serbia".

    Fonte: Nationalia

    05 de xuño de 2013

    O texto insta o Goberno de Aragón a retirar a lei de linguas que elimina o nome de catalán e o substitúe por “lingua aragonesa propia da área oriental” (LAPAO), denominación que se cualifica de “ridícula”.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    05 de xuño de 2013

    As persoas que o pasado ano se sumaron á aprendizaxe do éuscaro en Barakaldo non recibirán ningunha axuda económica. O Concello anunciou a través dun pequeno comunicado na súa páxina web que este ano non haberá subvencións para facer máis accesible o estudo da lingua vasca.

    Fonte: Deia

    05 de xuño de 2013

    As probas para obter a Certificación do coñecemento de lingua galega (Celga) comezaron a pasada fin de semana cun total de 3360 persoas matriculadas en Galicia e no resto de España.

    Fonte: Xunta de Galicia

    04 de xuño de 2013

    O ministro principal de Gales, Carwyn Jones, abriu un "debate nacional" sobre o futuro da lingua galesa que el mesmo describiu como un foro aberto onde persoas de todas as idades poidan opinar sobre os modos de promovela e apoiala no futuro.

    Fonte: Wales Online

    04 de xuño de 2013

    O Ministerio de Asuntos Exteriores do Reino Unido declarou que tan só seis dos 16 embaixadores británicos nos países de linga arábiga poden falar árabe para desempeñar as súas funcións institucionais.

    Fonte: The Telegraph

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder