Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    30 de maio de 2013

    Os presentadores de ETB Xabier Euzkitze e Kike Amonarriz, o actor Egoitz Lasa e o xogador de baloncesto David Doblas colaboraron con Mintzanet, un proxecto do Concello de Donostia que permite conversar en éuscaro a través de internet.

    Fonte: EITB

    30 de maio de 2013

    A Confederación de Comercio de Cataluña (CCC) presentou o Gremio de Locutorios de Cataluña e a Guía básica do locutorio, dúas iniciativas que se enmarcan nos proxectos "O comercio acóllete" e "Abertos ao catalán", ambos co apoio da Dirección Xeral de Política Lingüística do Departamento de Cultura e da Dirección Xeral de Inmigración do Departamento de Benestar Social e Familia.

    30 de maio de 2013

    A oficina estatística do Canadá informou que o bilingüismo inglés-francés caeu ao longo da última década a un 17,5 % da poboación total do país. Trátase da primeira caída en cincuenta anos.

    Fonte: Daily

    30 de maio de 2013

    A directora da asociación xuvenil a prol da lingua galesa Urdd, Efa Griffith Jones, mostrou a súa preocupación polas recentes cifras que mostran un declive do galés nas zonas tradicionalmente máis fortes en número de falantes.

    Fonte: Daily Post

    29 de maio de 2013

    Presentouse na Praza do Santo Cristo de Lezo a campaña para potenciar o uso do éuscaro nas panaderías e pastelerías da comarca de Oarsoaldea, que forma parte do programa de revitalización do éuscaro en distintos sectores comerciais impulsado polos catro concellos.

    Fonte: Diario Vasco

    29 de maio de 2013

    O secretario xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Valentín García, presentou o volume XXV dos “Cadernos Ramón Piñeiro”, co que o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH) lle rende tributo ao escritor homenaxeado con motivo das Letras Galegas 2013.

    Fonte: Xunta de Galicia

    29 de maio de 2013

    A formación política Anova Irmandade Nacionalista de Redondela presentou unha queixa no rexistro do Concello para exixir o cumprimento da ordenanza municipal sobre o uso da lingua galega.

    Fonte: Faro de Vigo

    29 de maio de 2013

    O Valedor do Pobo en funcións, José Julio Fernández, estudará diversas iniciativas para que o Concello da Coruña utilice o idioma galego como lingua oficial. Este compromiso prodúcese despois da reunión mantida co presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón.

    Fonte: ABC

    29 de maio de 2013

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, en nome da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, presentou en Santiago o exitoso programa de dinamización lingüística “Espello Deportivo”.

    Fonte: Xunta de Galicia

    29 de maio de 2013

    O presidente do Parlamento Europeo, Martin Schulz, acordou dar o visto e prace a unha versión irlandesa do sitio web oficial do Parlamento que actualmente está dispoñible en 22 linguas europeas, coa excepción do irlandés.

    Fonte: Donegal Democrat

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder