Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    03 de xuño de 2013

    En Suíza medra o interese pola aprendizaxe das linguas como o chinés, o ruso e o árabe. Saber expresarse nunha desas linguas “exóticas” representa algo máis no currículo, mesmo se a demanda do mercado de traballo aínda é mínima.

    Fonte: Swissinfo

    02 de xuño de 2013

    A comisaria da lingua galesa, Meri Huws, demandou cambios drásticos nas directrices actuais de planificación lingüística do País de Gales para garantir a supervivencia das comunidades de falantes de galés.

    Fonte: Wales Online

    01 de xuño de 2013

    Sete de cada dez alumnos (70 %) de Baleares elixiron o catalán como primeira lingua no ensino de segundo ciclo de Educación Infantil (de 3 a 6 anos) e no primeiro ciclo de Educación Primaria (primeiro e segundo curso), mentres que só o 30 % optou polo castelán, segundo informou nun comunicado a Consellería de Educación, Cultura e Universidades de Baleares.

    Fonte: Diario de Ibiza

    01 de xuño de 2013

    Nunha visita á aldea de Ninilchik, en Alasca (EUA), Mira Berguelson, profesora da Facultade de Linguas Estranxeiras da Universidade de Moscova, e Andrêi Kibrik, colaborador do Instituto de Lingüística da Academia de Ciencias de Rusia, puideron constatar que algúns habitantes desta aldea aínda falaban un dialecto baseado na lingua rusa. "Non coñecemos outros casos de permanencia do idioma ruso como lingua nativa a unha distancia tan grande de Rusia”, declarou Berguelson, ao presentar os resultados da expedición. Cos datos recadados, os lingüistas esperan agora publicar un dicionario.

    31 de maio de 2013

    A Unión Europea elaborou unha directiva comunitaria que pode acabar revolucionando o mundo dos tradutores e os intérpretes no ámbito penal. A partir do próximo mes de outubro, data oficial da entrada en vigor da nova norma europea, os estranxeiros que sexan detidos e non coñezan o castelán van poder beneficiarse "sen demora" de intérpretes durante o interrogatorio policial, en todas as vistas xudiciais e nas audiencias intermedias que sexan necesarias desde a detención ata a condena.

    31 de maio de 2013

    O Barça xa ten oito canles na rede social dos 140 caracteres despois da inclusión de @fcbarcelona_br. O portugués súmase ás contas xa existentes en catalán, castelán, inglés, francés, árabe, xaponés e indonesio.

    Fonte: Sport

    31 de maio de 2013

    Os comercios de Ponteareas xa contan coas etiquetas de regalo "Desexo que che guste", coas que se pretende animar a todos os comerciantes a empregar o galego na súa relación coa clientela.

    Fonte: Faro de Vigo

    31 de maio de 2013

    O BNG denuncia que o Concello do Barco de Valdeorras "incumpre reiteradamente" a lei en materia lingüística. No Consistorio poucos funcionarios atenden os veciños en galego, a Policía Local emite as súas notas en castelán e os folletos turísticos incluso non son respectuosos coa toponimia.

    Fonte: Valdeorras Dixital

    30 de maio de 2013

    «En Galicia, pola súa propia distribución administrativa e territorial, é onde hai e onde se recolleron máis topónimos», explica Jairo Javier García Sánchez, autor do «Atlas toponímico de España».

    Fonte: ABC

    30 de maio de 2013

    O Concello de Marín convoca un novo certame literario na modalidade de narración chamado 'No verán: refréscate cos libros' para potenciar o uso da lingua galega na escritura.

    Fonte: Diario de Pontevedra

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder