Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    04 de xuño de 2013

    Un estudo do Goberno Vasco propón revisar algúns aspectos do sistema de perfís lingüísticos ao constatar que existe unha “disfunción” entre o coñecemento acreditado polos empregados públicos e o uso que estes fan do éuscaro. E conclúe que un dos problemas radica en que a formación vai máis dirixida a superar a proba que a ensinar a lingua para o seu uso real.

    Fonte: Diario Vasco

    04 de xuño de 2013

    Canarias xa tiña a súa propia lingua de signos e, agora, conta tamén co primeiro dicionario de lingua de signos que reúne termos moi utilizados no arquipélago. Trátase dunha publicación moi novidosa que servirá para incluír a fala canaria na aprendizaxe desta lingua.

    Fonte: RTVC

    04 de xuño de 2013

    A Fundación Lois Peña Novo deu a coñecer os gañadores da XIX edición dos Premios Lois Peña Novo, pensados para animar o proceso de normalización lingüística nas administracións públicas de Galicia e mais nas empresas que manteñen relación directa coa Administración.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    04 de xuño de 2013

    Javier Gómez Noya acaba de ser recoñecido co Premio Leixaprén de recoñecemento á defensa e promoción da lingua galega, que nesta edición se centrou no ámbito deportivo.

    Fonte: Galicia Confidencial

    03 de xuño de 2013

    O Concello da cidade norteirlandesa de Belfast votou en contra de destinar financiamento para a creación dun posto de axente de lingua irlandesa no Goberno local.

    Fonte: News Letter

    03 de xuño de 2013

    Con motivo dunha viaxe a Córsega, o ministro do Interior francés, Manuel Valls, manifestouse contrario ao estatuto de cooficialidade da lingua corsa aprobado pola Asemblea de Córsega o pasado mes de maio.

    Fonte: Agence Bretagne Presse

    03 de xuño de 2013

    O decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, Xosé Pereiro, participou nunha mesa redonda sobre o galego e os medios de comunicación na que asegurou que a presenza desta lingua baixou nos medios de comunicación pero se incrementou nos gabinetes de comunicación.

    Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

    03 de xuño de 2013

    O comunicado da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) procura que as administracións públicas desenvolvan as súas accións comunicativas desde o galego e con calidade lingüística, e que a Xunta paralice as diferentes campañas nas que descoida a lingua e as reinicie desde o galego.

    Fonte: CTNL

    03 de xuño de 2013

    A localidade navarra celebrou a 10ª edición do Faltzesko Euskararen Eguna, unha xornada na que participaron centos de veciños do municipio e na que, máis alá dos actos festivos, a reivindicación do éuscaro e a normalización desta lingua foron os protagonistas.

    Fonte: Noticias de Navarra

    03 de xuño de 2013

    O Goberno sinalou que o establecemento do currículo da materia Lingua Cooficial e Literatura, naquelas comunidades autónomas con lingua cooficial, reservarase integramente á comunidade autónoma que corresponda, o que supón que será o goberno autónomo o que determine o currículo na súa integridade, os obxectivos da materia, os horarios, os criterios de avaliación ou a metodoloxía.

    Fonte: Europa Press

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder