As denuncias contra as concesionarias das autoestradas de Galicia por rotular parte dos seus sinais en galego non avanzarán finalmente na súa tramitación administrativa.
Fonte: La Voz de Galicia
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
As denuncias contra as concesionarias das autoestradas de Galicia por rotular parte dos seus sinais en galego non avanzarán finalmente na súa tramitación administrativa.
Fonte: La Voz de Galicia
Etermax anunciou a través de Facebook que vén de actualizar o dicionario de galego do seu popular xogo.
Fonte: Código Cero
Todos os grupos políticos do Senado aprobaron unha moción que recoñece a realidade occitana do Val de Arán, dotada de identidade cultural, histórica, xeográfica e lingüística e "defendida polos araneses durante séculos".
Fonte: Europa Press
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, deu a coñecer o programa da nova edición do Festival Arte pola Igualdade.
Fonte: Xunta de Galicia
Un equipo de investigadores da Universidade Autónoma de Barcelona identificou unha nova forma de falar entre os adolescentes de orixe latinoamericana, que combina palabras de diferentes variantes do español de Latinoamérica con outras en catalán e castelán que falan en Barcelona.
Fonte: La Tercera
Co fin de atraer universitarios estranxeiros ás universidades francesas, o Goberno francés planea permitir a impartición de estudos superiores en lingua estranxeira. Os detractores destas medidas consideran que isto suporía unha nova ameaza para a lingua francesa.
O Ministerio de Educación surafricano imporá como obrigatoria a aprendizaxe do zulú en todas as escolas de primaria a partir do vindeiro ano, informou o xornal Mercury. A iniciativa ministerial chega despois de que a Universidade de KwaZulu-Natal anunciara que imporía a obrigatoriedade desta lingua. Porén, expertos advirten de que a falta de profesores podería obstaculizar a implantación da medida.
Fonte: Milenio
A Escola Galega de Administración Pública, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca cursos de linguaxe xurídica (niveis medio e superior) para o persoal ao servizo da Administración de xustiza e outros colectivos relacionados con este ámbito que presten servizos na Comunidade Autónoma de Galicia.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O concelleiro de Novas Tecnoloxías do Grove ocupouse persoalmente de distribuír en diferentes tendas de informática da vila un software en galego para fomentar o uso desta lingua e aplicala aos diferentes sistemas operativos e aos programas informáticos máis habituais.
Fonte: Faro de Vigo
O secretario xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Educación, Valentín García, presentou “Rosalía Pequeniña”, unha nova acción das cinco que integran este ano o programa de dinamización lingüística “FalaRedes 2013”.
Fonte: Xunta de Galicia
Subscríbase ao boletín