O Observatorio de Dereitos Lingüísticos, Behatokia, denunciou que o colexio Escola Virxe de Ouro da localidade alavesa de Murgia non imparte o modelo de ensino D, o que obriga aos alumnos a desprazarse ao veciño municipio de Izarra.
Fonte: Deia
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O Observatorio de Dereitos Lingüísticos, Behatokia, denunciou que o colexio Escola Virxe de Ouro da localidade alavesa de Murgia non imparte o modelo de ensino D, o que obriga aos alumnos a desprazarse ao veciño municipio de Izarra.
Fonte: Deia
A titular de ensino do Goberno de Cataluña deu por primeira vez a cifra de escolas que usan o castelán como lingua vehicular, un 13 %, aínda que non aclarou a proporción de materias que se imparten nesta lingua.
Fonte: ABC
A Presidencia do Consello de Ministros italiana, a Provincia Autónoma de Bolzano e a televisión italiana (RAI) asinaron un convenio para a realización e emisión de programas de radio e televisión en lingua alemá e ladina na rexión do Alto Adige.
Fonte: IGN
Cada vez máis universidades de Finlandia ofrecen contidos en lingua inglesa, grazas á promoción do Ministerio de Educación finlandés. A Escola de Comercio de Helsinqui será a primeira en ofrecer un programa completamente en inglés.
Fonte: France Info
.
Un caderno didáctico con actividades para vacacións dirixido aos máis novos da casa en galego, castelán e inglés. Segundo explican os promotores, a intención desta iniciativa é propor actividades que pais e fillos poidan desenvolver en conxunto.
Fonte: Culturagalega.org
Arredor de 300 sinaturas apoian a proposta para que os estudos galegos conten cunha sección propia e un grupo de debate na Modern Language Association. Profesores, catedráticos, decanos e mesmo reitores de universidades como Berkeley, Yale ou Columbia enviaron o seu apoio.
Fonte: Galicia Confidencial
A Asociación de Medios en Galego xorde con once medios en papel, electrónicos ou radiofónicos para garantir a pervivencia do idioma e procurar vías de financiamento que garantan o sustento dos medios en galego.
Fonte: Galicia Confidencial
A colaboración entre a Universidade de Vigo e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria fai posible un ano máis a convocatoria de axudas á investigación en lingua galega para promover o uso do idioma propio nas actividades de formación e de investigación recollidas no Plan de política lingüística da institución académica.
Fonte: Universidade de Vigo
A Deputación de Guipúscoa defendeu a legalidade de aplicar criterios lingüísticos nos contratos de carácter público e lamentou que a Avogacía do Estado poña “trabas” á normalización do éuscaro, debido a que, ao seu parecer, se trata dunha “ferramenta válida” para a súa normalización.
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
Ante a inacción do Goberno francés, os deputados bretóns proporán un proxecto de lei constitucional sobre as linguas rexionais, declarou o deputado socialista Jean-Jacques Urvoas, próximo ao presidente François Hollande, nunha entrevista co medio de comunicación France 3 Bretagne.
Fonte: Eitb
Subscríbase ao boletín