Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    11 de xuño de 2013

    A Deputación Foral de Guipúscoa está repartindo nos 88 municipio de Guipúscoa pequenos dicionarios que facilitan expresar en éuscaro os conceptos máis básicos. En total editáronse dicionarios de 28 linguas ao éuscaro, cunha tiraxe de 75 000 exemplares.

    Fonte: Noticias de Gipuzkoa

    11 de xuño de 2013

    Segundo informou a Universidade do País Vasco, grazas a esta ferramenta e, aplicando as regras acentuais impostas no éuscaro estándar e producidas por unha voz sintética, disponse de todas as entradas do dicionario para ser escoitadas.

    Fonte: Noticias de Álava

    11 de xuño de 2013

    Unha nova televisión "nacionalista, soberanista e de esquerdas" que utiliza o galego como lingua vehicular. Esa é a proposta de Irmandade TV, unha nova televisión galega en liña que nace coa vocación de incorporar á súa grella "novos formatos e contidos".

    Fonte: Galicia Confidencial

    11 de xuño de 2013

    Despois da xuntanza do Viveiro de propostas normalizadoras que tivo lugar o 29 de maio, publícanse os nove proxectos presentados, para que todas as persoas interesadas en colaborar con algún deles poidan facelo.

    Fonte: CTNL

    10 de xuño de 2013

    O Sindicato dos Profesores nas Comunidades Lusíadas (SPCL) criticou o Goberno portugués no tocante ao ensino da lingua portuguesa no estranxeiro. Aproveitando a celebración do Día de Portugal, de Camões e das Comunidades Portuguesas, o SPCL afirma nun comunicado que "o presente ano, 2013, é máis un ano para lamentar do que para festexar".

    Fonte: RTP

    10 de xuño de 2013

    O ente regulador dos medios de comunicación no Reino Unido acaba de dar luz verde á creación da primeira emisora de radio en escocés do Úlster, fUSe FM, que emitirá na zona de Ballymoney. Ao mesmo tempo, a radio Raidió G recibirá tamén permisos de emisión e será a primeira estación que emitirá en gaélico irlandés fóra de Belfast.

    Fonte: BBC

    10 de xuño de 2013

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pon en marcha unha nova actividade de promoción do uso do galego destinada a localidades nas que se radican entidades participantes na Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia. Trátase do espectáculo de rúa “Peter Punk”, que os concellos anfitrións integrarán nos seus programas de festas locais para dinamizar a lingua galega de maneira lúdica entre a mocidade.

    Fonte: Xunta de Galicia

    10 de xuño de 2013

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, en representación da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, participou na asemblea xeral da Rede para a Promoción da Diversidade Lingüística (en inglés, Network to Promote Linguistic Diversity, NPLD).

    Fonte: Xunta de Galicia

    10 de xuño de 2013

    O Pleno ordinario do Concello de Aínsa aprobou a moción presentada por Esquerda Unida na que amosan o seu rexeitamento á Lei de uso, protección e promoción das linguas e modalidades lingüísticas propias de Aragón. O Consistorio solicítalle ao Departamento de Educación do Goberno de Aragón que manteña as actividades e programas de ensino do aragonés e o catalán nos centros educativos.

    Fonte: Radio Huesca

    10 de xuño de 2013

    A Plataforma de Afectados pola Hipoteca (PAH) e Euskaltzaindia, a Real Academia da Lingua Vasca, foron galardoados co Premio Cidadán Europeo 2013, que concede o Parlamento Europeo (PE) anualmente “a persoas ou organizacións excepcionais que loiten polos valores europeos”.

    Fonte: Noticias de Navarra

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder