Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    04 de outubro de 2013

    O BabeliUM, Centro de Linguas da Universidade do Miño (Portugal), ofrece este semestre unha diversificada oferta de formación lingüística que inclúe as seguintes linguas: inglés, alemán, francés, italiano, árabe, galego, checo, húngaro, xaponés, ruso, español, lingua de signos portuguesa e portugués como lingua estranxeira.

    Fonte: Correio do Minho

    04 de outubro de 2013

    Os hostaleiros da Mariña lucense forman parte desa embaixada non oficial que contribúe a divulgar turisticamente a comarca dentro e fóra das nosas fronteiras. Outro dos alicerces clave son os axentes que integran as policías locais, un corpo de referencia para os turistas que elixen este recuncho do Cantábrico como destino vacacional.

    Fonte: La Voz de Galicia

    04 de outubro de 2013

    O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames organiza unha nova edición do obradoiro de lingua e cultura galegas "En galego, co teu acento", dirixido á comunidade de inmigrantes que vive no municipio.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    04 de outubro de 2013

    A Mesa pola Normalización Lingüística deu a coñecer as queixas recibidas nos últimos días por usuarias e usuarios de Renfe que "constataron como a empresa pública deixaba de respectar a legalidade ao introducir toponimia deturpada na súa páxina web".

    Fonte: Galicia Confidencial

    04 de outubro de 2013

    O 31,3 % das ofertas de traballo require saber unha lingua estranxeira, unha porcentaxe que pode duplicarse para perfís cualificados ou sectoriais de actividade específicos, pese a que 6 de cada 10 empregados aseguren que non utilizan os idiomas que lles esixiron ao ser contratados.

    Fonte: El Comercio

    04 de outubro de 2013

    O Cancioneiro de Oencia "recolle a realidade lingüística e lírica do pobo en zonas que teñen profundas e arraigadas tradicións populares". Isabel Carrasco, presidenta da Deputación de León, recoñeceu con estas palabras algo que non adoitan recoñecer os políticos leoneses; que no Bierzo tamén se fala galego.

    Fonte: Galicia Confidencial

    03 de outubro de 2013

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria amplía o programa de dinamización lingüística “FalaRedes 2013” con “Acuario”, unha nova proposta dirixida ao público familiar que chegará durante o derradeiro trimestre do ano a unha trintena de concellos pertencentes á Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia.

    Fonte: Xunta de Galicia

    03 de outubro de 2013

    Teatro do Noroeste e o Centro Dramático Galego (CDG), dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, estrean o venres día 4 de outubro, ás 19.00 horas, no Salón Teatro de Santiago o espectáculo para público familiar 'Touporroutou da lúa e do sol', de Roberto Vidal Bolaño.

    Fonte: Xunta de Galicia

    03 de outubro de 2013

    Acaba de poñerse en marcha a campaña #AndroidEnGalego, unha iniciativa coa que se quere visualizar a necesidade de que Google habilite o galego como unha opción de idioma máis no sistema operativo base de Android, xa que actualmente queda en mans dos fabricantes a decisión de introducir ou non o galego como opción.

    Fonte: #AndroidEnGalego

    03 de outubro de 2013

    O equipo galego de tradución de Gnome anunciou a dispoñibilidade da nova versión do escritorio libre, a versión 3.10, na súa totalidade traducida ao galego.

    Fonte: Código Cero

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder