Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    11 de outubro de 2013

    O Concello de Bilbao e a rede de Euskaltegis da capital biscaíña crearon “Darabilbo, Erabili euskara Bilbon”, un proxecto que ten como obxectivo ofrecerlles aos cidadáns máis oportunidades para practicar éuscaro.

    Fonte: ABC

    11 de outubro de 2013

    Ferrol xa pode presumir de escola en galego. Trátase de Avoaescola Ferrolterra, un espazo educativo en galego dedicado, nun primeiro momento, a nenos e nenas até os 6 anos, coa finalidade de se transformar nunha escola infantil.

    Fonte: Galicia Confidencial

    10 de outubro de 2013

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación Roberto Vidal Bolaño clausuraron a exposición “Roberto Vidal Bolaño”.

    Fonte: Xunta de Galicia

    10 de outubro de 2013

    O Foro E. Peinador proponse celebrar todos os anos o Día da Galeguidade Empresarial animando un proceso no que a lingua galega vaia ocupando espazos na sinalética, na etiquetaxe, na publicidade e nas relacións laborais, seguindo as recomendacións da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias e a Lei de normalización lingüística de Galicia.

    Fonte: Galeguizar Galicia

    10 de outubro de 2013

    O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Breamo (Pontedeume) retoma este curso a emisión do seu programa de radio escolar Ponte en galego!

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    10 de outubro de 2013

    O Goberno aragonés subscribiu un novo convenio de colaboración coa Generalitat para facilitar a presenza de profesores de catalán en municipios de Aragón oriental.

    Fonte: ABC

    10 de outubro de 2013

    A directora para a promoción do éuscaro da Deputación Foral de Biscaia, Ana de Castro, presentou, xunto con Andoni Busquet, en representación de EUDEL, e Lander Aiarza, presidente da Mancomunidade de Txorierri, a campaña "Eman giltza-¡Fálalle, escóitao!", cuxo obxectivo é promover a transmisión do éuscaro de xeración en xeración.

    Fonte: Gente Digital

    09 de outubro de 2013

    O parlamentario canadense Daryl Kramp anunciou, en nome do ministro de Patrimonio e Linguas Oficiais de Canadá, a concesión de apoio financeiro para a aprendizaxe da lingua mohawk.

    Fonte: Newswire

    09 de outubro de 2013

    O viceministro de Educación de Timor Leste, Virgílio Smith, garantiu en Lisboa a continuidade do proceso de formación de profesores timorenses en Portugal porque o país precisa de "profundar o perfeccionamento" da lingua portuguesa.

    Fonte: Porto Canal

    09 de outubro de 2013

    Máis dun terzo das universidades británicas deixaron de ofrecer licenciaturas en linguas modernas nos últimos 15 anos. Segundo os académicos, a razón radica nos estritos criterios de avaliación do último ano dos estudos secundarios que desalentan os adolescentes co estudo das linguas.

    Fonte: The Guardian

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder