A Junta de Castela e León non quere promover o estudo do galego nalgúns institutos do Bierzo. Este goberno autonómico rachou o acordo que mantiña coa Xunta de Galicia para impartir Lingua e Cultura Galega ao alumnado do Instituto de Ensinos Medio "Europa" de Ponferrada. Por iso, alumnos e pais comezaron xa a mobilizarse e remitiron escritos á dirección do centro, ao colectivo de defensa do galego Fala Ceibe e á Consellería de Educación da Junta de Castela e León mostrando a súa desconformidade con esta medida.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Renfe vai pór como requisito ás empresas que concursen para facerse cos servizos de restauración dos trens que cubran liñas nacionais que o seu persoal fale «con fluidez» catalán, galego e éuscaro -se son necesarios no itinerario que cobre a liña-, ademais de castelán e inglés.
Fonte: La Voz de Galicia
En México, algunhas linguas indíxenas diminuíron a súa transmisión xeracional debido á idea de privilexiar a aprendizaxe do idioma español, asegurou a antropóloga Ludka de Gortari nunha entrevista con motivo do premio do Concurso Nacional de Lendas Indíxenas 2013. A responsable da Unidade de Planificación da Comisión Nacional para o Desenvolvemento dos Pobos Indíxenas (CDI) afirmou que por incrible que pareza o maia é unha das linguas de menor transmisión xeracional.
O corpo británico de policía deberá contratar axentes con destrezas lingüísticas co fin de mellorar a diversidade profesional e os servizos de intelixencia, anunciou o ministro de Xustiza do Reino Unido, Damian Green.
Fonte: The Guardian
O Concello de Carral iniciou unha campaña de promoción do uso do galego coa distribución de carteis e folletos nos edificios municipais para animar a empregar esta lingua a diario e nos que se informa sobre o asesoramento lingüístico que presta o Concello.
Fonte: La Opinión
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria promoverá este curso a aprendizaxe do idioma luso en once centros educativos galegos a través do Programa de Lingua e Literatura Portuguesa.
Fonte: Xunta de Galicia
“O éuscaro perdurou en Navarra porque moitos navarros optaron por aprendelo e criar os seus fillos e fillas nesta lingua”, segundo unha das conclusións da tese de doutoramento da filóloga Paula Kasares, lida na Universidade Pública de Navarra.
Fonte: Diario de Navarra
A Comisión de Éuscaro de Oarsoaldea, a través dos catro servizos de éuscaro da comarca, vai sortear o pan dun mes en todas as panaderías - pastelerías que participan na iniciativa ‘Eskatu ogia euskaraz! - ¡Pide o pan en éuscaro!’. O vendedor ou vendedora entregará un boleto aos clientes que pidan en éuscaro. Unha vez completado o boleto, deberá depositarse nas furnas que haberá na mesma panadería.
Fonte: Diario Vasco
O director executivo do Instituto Internacional da Lingua Portuguesa, Gilvan Muller de Oliveira, declara que o interese que o Brasil suscitou na Feira do Libro de Frankfurt é un resultado, non só da importancia económica deste país no mundo, senón tamén da expansión internacional do idioma portugués.
Fonte: Operamundi
A medida que o portugués se estende, outros idiomas están seriamente ameazados de extinción no Brasil. Como mínimo, un cuarto das máis de 150 linguas indíxenas do país corre o risco de desaparecer, segundo un estudo divulgado polo Museo Emilio Goeldi.
Fonte: Operamundi
Boletín
Subscríbase ao boletín