Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    24 de outubro de 2013

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria programa durante estes días tres das actividades do proxecto de dinamización lingüística “FalaRedes 2013”, destinado á Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia.

    Fonte: Xunta de Galicia

    24 de outubro de 2013

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na Estrada na celebración do Día das Bibliotecas Escolares organizada polo CEIP O Foxo.

    Fonte: Xunta de Galicia

    24 de outubro de 2013

    A campaña "Gústame o galego de primeira" é unha acción dinamizadora da lingua galega impulsada polo Real Club Celta, Fundación Celta de Vigo, Concello e Universidade coa complicidade de xogadores, técnicos e afección.

    Fonte: Universidade de Vigo

    24 de outubro de 2013

    O procurador socialista por Zamora, José Ignacio Martín Benito, denunciou no pleno das Cortes o incumprimento do artigo 5 do Estatuto de Autonomía de Castela e León e do “atentado contra as linguas da Comunidade” que supón a política de recortes da Junta ao suprimir clases de galego no Bierzo e Zamora.

    Fonte: InfoBierzo

    24 de outubro de 2013

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de celebración do 'Día da restauración da memoria lingüística de Galicia', impulsado pola Asociación de Funcionarios pola Normalización Lingüística.

    Fonte: Xunta de Galicia

    24 de outubro de 2013

    O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, inaugurou, en Madrid, o ciclo “Rosalía de Castro: Tradición e Modernidade”, co que se da un novo paso para achegar a figura e a obra da escritora galega a todo o público.

    Fonte: Xunta de Galicia

    24 de outubro de 2013

    O Concello de Getxo elaborou un plan de promoción do éuscaro para o período 2013-2016 que inclúe máis de 300 accións e que incidirá nas persoas que non se achegaron ao éuscaro, nos inmigrantes e no ocio.

    Fonte: ABC

    23 de outubro de 2013

    O presidente de Kazakhistán, Nursultan Nazarbayev, instou o funcionariado público a evitar a discriminación por motivos de lingua, informou o servizo de noticias Tengrinews.

    Fonte: Tengrinews

    23 de outubro de 2013

    Se Bruxelas aspira a ser unha cidade internacional, o inglés debería converterse en lingua oficial, declarou o ministro flamengo de Educación, Pascal Smet, tras presentar un proxecto para a promoción do multilingüismo na capital belga.

    Fonte: EurActiv

    23 de outubro de 2013

    A aprendizaxe das linguas é unha prioridade da Unión Europea, afirmou Androulla Vassiliou, comisaria europea de Educación, Cultura e Multilingüismo, tras presentar o novo programa Erasmus+. A comisaria declarou que as linguas son esenciais para fomentar o emprego e a mobilidade social en Europa.

    Fonte: The Guardian

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder