Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    29 de outubro de 2013

    Dous profesores de lingua portuguesa do Brasil reuniranse en Lisboa con representantes de Portugal para debater un acordo ortográfico que sexa "froito dun entendemento xeral" e consensual para que ningún dos países se sinta prexudicado.

    Fonte: Jornali

    29 de outubro de 2013

    A Conferencia sobre o Futuro da Lingua Portuguesa no Sistema Mundial de Lisboa lanzará un novo portal destinado a docentes de portugués como lingua estranxeira, anunciou á axencia de noticias Lusa o director do Instituto Internacional da Lingua Portuguesa, responsable do proxecto.

    Fonte: Sapo

    29 de outubro de 2013

    A moda do ruso segue en expansión. E agora é a asociación cultural Libuya a que abre as súas portas a todos os que queiran aprender o idioma que tanto demandan as empresas de servizos e o sector turístico.

    Fonte: Diario de Mallorca

    29 de outubro de 2013

    A XII edición do premio Ramón Piñeiro 'Facer País' foi para A Mesa pola Normalización Lingüística. Un galardón impulsado pola Asociación Cultural Val de Láncara e que, ao longo destes anos, foi labrándose un merecido respecto.

    Fonte: Sermos Galiza

    29 de outubro de 2013

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de entrega dos Bacelos de Prata, que organiza a Asociación Álvaro de las Casas no Pazo dos Ulloa en Esposende.

    Fonte: Xunta de Galicia

    29 de outubro de 2013

    O Premio da Cultura Galega da Lingua pretende salientar o traballo da Asociación PuntoGal, nacida dende a sociedade galega, que busca contribuír á creación dun espazo galego na internet no que poder agrupar a meirande parte dos contidos en galego, así como outros contidos que estean vinculados dalgún xeito coa nosa cultura.

    Fonte: Código Cero

    29 de outubro de 2013

    O Concello de Santurtzi aposta polo éuscaro e iso viuse reflectido na matriculación do euskaltegi municipal, que este ano pechou cun incremento de novos estudantes; un aumento que foi posible grazas ás medidas adoptadas pola institución local para adaptar os cursos de aprendizaxe ás necesidades actuais dos veciños: cursos máis curtos e facilidades de pagamento.

    Fonte: Deia

    29 de outubro de 2013

    A lingua que máis se solicita no mercado laboral é o inglés. Concretamente, pídese en máis do 85 % das ofertas que requiren o coñecemento de linguas estranxeiras, chegando case ao 90 % das ofertas para titulados superiores.

    Fonte: El Economista

    28 de outubro de 2013

    Arredor de 100 alumnos universitarios da vila galesa de Aberystwyth manifestáronse para evitar o peche da residencia de estudantes de fala galesa Pantycelyn. Os manifestantes pensan que esta medida podería danar a comunidade de estudantes que falan galés como primeira lingua.

    Fonte: Wales Online

    28 de outubro de 2013

    O Concello da cidade belga de Liexa atopou unha solución para axudar as persoas con discapacidade auditiva. Un sistema de interpretación simultánea facilitará a comunicación entre os funcionarios municipais, un experto en lingua de signos e os cidadáns.

    Fonte: West

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder