Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    08 de maio de 2013

    O 93 % das linguas indíxenas australianas desapareceu. Porén, os membros da comunidade indíxena de Barngarla loitan por revivir a súa lingua. O proxecto, liderado por un investigador da Universidade de Adelaida, consiste en empregar as memorias das persoas anciás e un dicionario elaborado hai 170 anos.

    Fonte: World News

    08 de maio de 2013

    Organizacións e grupos indíxenas advertiron o Senado da República de México do risco de desaparición de máis de 70 linguas no país, derivado da migración e o nulo interese que o goberno mostrou por preservalas.

    Fonte: Vértigo Político

    07 de maio de 2013

    Gas Natural Fenosa decidiu eliminar a atención ao cliente da comercializadora Unión Fenosa Comercial, facendo desaparecer a devandita comercializadora e trasladando os seus clientes a Gas Natural Servicios.
    "A atención ao cliente de Unión Fenosa Comercial préstase dende Galicia a todo o territorio estatal, mentres que non é así no caso de Gas Natural Servicios", aclara o comité de empresa nun comunicado, no que explica que deste xeito os galegos "deixarán de ter a posibilidade de seren atendidos en galego".

    07 de maio de 2013

    O bo tempo e o ambiente reivindicativo que vive a sociedade nestes meses serviron para que a Manifestación pola Oficialidade en Oviedo tivera unha moi boa participación, mellorando con respecto a outros anos.

    Fonte: Asturnews

    07 de maio de 2013

    O alemán é xa, tras o inglés, a segunda lingua máis demandada na Universidade de Salamanca mentres que o éuscaro, o catalán e o galego tiveron no último ano “menor acollida debido á redución nas convocatorias de prazas nas comunidades” onde se falan esas linguas.

    Fonte: ABC

    07 de maio de 2013

    O departamento de Tarn, na rexión francesa de Mediodía-Pireneos, anunciou o lanzamento dunha política de sinalización en occitano na entrada das localidades. Esta iniciativa, que pretende preservar a singularidade da lingua vernácula, desenvolverase durante tres anos.

    Fonte: La Pòrta d'Òc

    07 de maio de 2013

    O sitio web da policía escocesa emprega a ferramenta de tradución de Google para traducir os seus contidos a 66 linguas diferentes. Porén, entre elas non se atopa o gaélico escocés.

    Fonte: Scottish Express

    06 de maio de 2013

    A rede privada de centros infantís en galego ve a luz. Preséntase no Museo do Humor de Fene a Avoaescola Ferrolterra, un "espazo educativo infantil en galego" dedicado en principio a nenos e nenas ata os seis anos.

    Fonte: Praza Pública

    06 de maio de 2013

    Os cataláns utilizan como linguas propias habituais o catalán e o castelán nunha proporción de case o 50 por cento (42,1 e 42,4 %, respectivamente) mentres que hai un 14 % que as usan por igual, segundo unha enquisa do CIS.

    Fonte: El Diario

    06 de maio de 2013

    O PNV de Barakaldo (Biscaia) solicitoulle ao equipo de Goberno que leve a cabo os cambios oportunos para que o portal web barakaldosmartcity.com ofreza os seus contidos tanto en éuscaro como en inglés.

    Fonte: Europa Press

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder