Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    27 de agosto de 2013

    As polémicas máquinas de información turística non superarían os criterios do decreto de tratamento integral de linguas, xa que obvian un dos idiomas cooficiais da comunidade autónoma: o catalán. Ao iniciar a sesión no aparato, móstranse catro botóns que permiten cambiar a visualización da información ao castelán, inglés, alemán ou ruso. Ningún outro idioma máis: nin catalán, nin francés, nin italiano, nin chinés.

    Fonte: Diario de Mallorca

    26 de agosto de 2013

    Malia a súa condición de idioma oficial, os lingüistas de Paraguai seguen considerando que o guaraní continúa relegado como tal e non se encontra ao mesmo nivel de normalización que o castelán, a pesar de ser a lingua nativa máis falada polos habitantes do país. A escritora e xornalista Susy Delgado manifestou que, a pesar das diferenzas entre ambos os idiomas, se poden citar aspectos positivos do avance do guaraní, como a recente introdución do idioma no poder xudicial, principalmente nos xuízos orais e públicos.

    26 de agosto de 2013

    Perante o crecente entusiasmo dos europeos por adoptar o inglés como lingua franca, un intelectual romanés lanza un sinal de alarma e apela á mobilización para salvagardar as linguas nacionais.

    Fonte: Presseurop

    26 de agosto de 2013

    Perante o crecente entusiasmo dos europeos por adoptar o inglés como lingua franca, un intelectual romanés lanza un sinal de alarma e apela á mobilización para salvagardar as linguas nacionais.

    Fonte: Presseurop

    26 de agosto de 2013

    O promotor da iniciativa é o edil socialista Jesús Salgado, quen pretende eliminar O Bolo do topónimo oficial do municipio ourensán e substituílo por Viana do Bibei -nome do río que cruza a vila- ou simplemente Viana.

    Fonte: Noticias Galicia

    26 de agosto de 2013

    A delegada territorial en Granada de Educación, Cultura e Deporte da Junta de Andalucía, Ana Gámez, informou de que a rede de centros bilingües que existe na provincia de Granada crecerá o curso que vén coa adhesión de novos centros á rede de centros bilingües, ampliación de etapas bilingües noutros que xa pertencen a esta rede e a oferta de novo ensino plurilingüe para o próximo curso escolar 2013/2014.

    26 de agosto de 2013

    A ponte do río Algars, que separa Aragón e Cataluña, servirá de nexo de unión dun dos sinais de identidade da Franxa, a súa lingua materna. O obxectivo da cadea é mostrar desconformidade coa nova Lei de linguas de Aragón e apoiar os que defenden a subsistencia do catalán na zona.

    Fonte: La Comarca

    26 de agosto de 2013

    Hai uns días Xerais daba a coñecer o seu plan editorial para os meses de setembro e outubro e nel anunciaba a próxima publicación en galego do novo álbum de Astérix, que levará por título Astérix e os pictos. A nova aventura dos irredutibles galos chegará ás librerías de Galicia o vindeiro 24 de outubro, a data sinalada internacionalmente para a saída do álbum, tanto na súa versión orixinal en francés coma traducido a máis de vinte idiomas.

    Fonte: Praza Pública

    26 de agosto de 2013

    Acaba de publicarse a versión 1.10.7 do xogo de estratexia "A batalla polo Noroeste". Esta nova versión mellora a estabilidade do xogo, aínda que a novidade máis importante é que está completamente traducida ao galego, incluídos os textos das imaxes como os mapas ou o logotipo do xogo.

    Fonte: Trasno

    23 de agosto de 2013

    O Concello de Pamplona convocou, en réxime de competencia competitiva, as axudas a veciños da cidade pola asistencia a cursos intensivos de aprendizaxe do éuscaro en réxime de internado (barnetegis) durante 2013.

    Fonte: Diario de Navarra

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder