En 1900, alumnos dunha misión en Papúa-Nova Guinea crearon un dialecto que mestura alemán e idioma local. Hoxe, as poucas persoas que falan o chamado "noso alemán" son proba viva dun capítulo pouco coñecido da historia colonial.
Fonte: DW
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
En 1900, alumnos dunha misión en Papúa-Nova Guinea crearon un dialecto que mestura alemán e idioma local. Hoxe, as poucas persoas que falan o chamado "noso alemán" son proba viva dun capítulo pouco coñecido da historia colonial.
Fonte: DW
Os responsables de Tráfico na Comunidade Valenciana impulsaron unha campaña de prevención de incendios forestais desde os paneis electrónicos de autovías e autoestradas nos que o valenciano (lingua que adoita alternar co castelán nas mensaxes habituais destes dispositivos que informan de accidentes próximos ou condicións climatolóxicas adversas á condución) se sacrificou en beneficio do inglés.
Fonte: Levante-emv
Como novidade no programa festivo, a vila navarra de Aoiz levou o éuscaro á rúa coa primeira edición do Agoitz Kantuz, onde numerosos veciños se deron cita para interpretar cancións populares en éuscaro.
Fonte: Noticias de Navarra
A Lei de linguas de Aragón chegou ao Tribunal Constitucional (TC) recorrida por Chunta Aragonesista, PSOE e Izquierda Unida.
Fonte: Heraldo
O espírito do Xabarín Club, o famoso programa para cativos da Televisión de Galicia (TVG), volve rexurdir en forma de revista da man de Oink!. A publicación converterase na única dirixida a menores de entre 6 e 15 anos que se edite integramente en lingua galega.
Fonte: Sermos Galiza
A idea é que poidamos aprender idiomas en base aos textos que encontremos navegando en internet, mesmo dentro do noso muro de Facebook, de maneira que nos enfrontaríamos a situacións reais na aprendizaxe, adaptándose así aos nosos intereses e necesidades persoais.
Fonte: EJU
O Diario Oficial de Castela-A Mancha publicou unha resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos e Programación Educativa que ten por obxecto aprobar as instrucións que establecen a incorporación e impartición do currículo mixto da dobre titulación de Bacharelato e Baccalauréat –Bacharelato francés- na rexión.
Fonte: La Información
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na xuntanza da Federación de Entidades Galegas en Cataluña e na entrega dos Alecríns 2013.
Fonte: Xunta de Galicia
A XLV Universidade Catalá de Verán terá lugar do 16 ao 23 de agosto de 2013 e contará cun amplo programa que inclúe disciplinas diversas, como as ciencias da saúde, a economía, o dereito ou a historia. A área da lingua terá un papel destacado, xa que se ofrecen diferentes cursos con apoio da Dirección Xeral de Política Lingüística do Departamento de Cultura.
Os membros do colectivo Euskalgune ofrecerán durante a semana grande de Bilbao diversas actividades en éuscaro que se caracterizarán por ser “participativas e accesibles para todos” co obxectivo de promover o éuscaro durante os festexos.
Fonte: El Correo
Subscríbase ao boletín