A Consellería de Educación, Cultura e Deporte concedeu axudas por un importe de 100 000 euros a 67 concellos e mancomunidades para a realización de actividades de promoción do uso do valenciano durante este ano. A convocatoria das axudas establece como obxectivos prioritarios a promoción do valenciano nos diversos ámbitos da actuación municipal, así como dar apoio ao uso do valenciano na comunicación social e facilitar a súa utilización por parte dos cidadáns.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O analista de Política internacional Mário Pinto de Andrade considera que a expansión da lingua portuguesa como instrumento de traballo na ONU e na Unión Africana depende exclusivamente da vontade dos Estados membros con relación á concertación das cotas.
Fonte: ANGOP
O voceiro de Sanidade do PPdeG, Miguel Santalices, anunciou que presentará, para o seu debate no novo período de sesións no Parlamento, unha iniciativa na que propón que todos os pacientes poidan consultar a súa historia clínica e que esta estea en español, inglés e galego.
Fonte: Galicia Hoxe
Cada vez hai menos estudantes nas aulas dos cursos de idiomas. Non é que non sexa necesario perfeccionar e aprender outras linguas. Ocorre todo o contrario. Cos plans de estudo do Espazo Europeo de Educación Superior (EEES) requírese dun certificado (B1) e o mercado laboral que cada vez obriga máis a viaxar a outros países tamén fai necesario dominar outras linguas. Aínda así, cada vez é maior a perda de alumnos nas clases de inglés, francés ou italiano.
A Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Navarra, en colaboración coa Cátedra de Lingua e Cultura Vasca do centro universitario, ofertará no curso 2013-2014 tres materias sobre lingua e cultura vascas. Supón a base dun futuro itinerario de estudos vascos na facultade.
Fonte: Diario de Navarra
O dicionario servirá para "abrir a oportunidade" de que a sociedade internacional e nacional coñeza a lingua dos pobos indíxenas e afrodescendentes do país centroamericano.
Fonte: La Prensa
A Mesa pola Normalización Lingüística pediu a intervención do Valedor do Pobo ante as "presións da Deputación da Coruña para que un funcionario non use o galego no traballo", un caso que consideran "extremadamente grave".
Fonte: Praza Pública
A Xunta de Galicia iniciou unha nova edición do programa de dinamización lingüística O galego campa! que se desenvolve cada verán nos campamentos xuvenís co obxectivo de promover o uso do idioma galego entre a mocidade.
Fonte: Xunta de Galicia
Un estudo de dous anos, realizado polo Centro de Publicacións e Investigacións Bhasha, revelou que a India perdeu arredor dun 20 por cento das súas linguas nativas nos últimos 50 anos.
Fonte: Oneindia
O comisario de Linguas Oficiais de Canadá, Graham Fraser, pediralle a John Baird, ministro de Exteriores, que rectifique as súas tarxetas de visita escritas unicamente en inglés. Graham Fraser recibiu xa catro queixas sobre as tarxetas que non cumpren a política de bilingüismo nas comunicacións do Goberno canadense.
Fonte: Le Droit
Boletín
Subscríbase ao boletín
