A plataforma de almacenamento de arquivos en liña Dropbox anunciou que está dispoñible en seis novas linguas: ruso, polaco, indonesio, malaio, chinés tradicional e chinés simplificado.
Fonte: The Next Web
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A plataforma de almacenamento de arquivos en liña Dropbox anunciou que está dispoñible en seis novas linguas: ruso, polaco, indonesio, malaio, chinés tradicional e chinés simplificado.
Fonte: The Next Web
A lingua inuktitut pode gozar do mesmo status que o inglés e o francés no territorio canadense de Nunavut, mais a comisaria de Linguas, Sandra Inutiq, afirma que o seu uso está diminuíndo moi rapidamente e asegura que a súa promoción no sistema educativo debe ser unha prioridade.
Fonte: Nunatsiaq Online
A Mesa pola Normalización Lingüística acusou a compañía telefónica Movistar de "incumprir a súa palabra" de incorporar a lingua galega á súa páxina web.
Fonte: Galicia Hoxe
A plataforma Queremos Galego convocou unha "manifestación nacional pola lingua" en Santiago de Compostela o próximo 17 de maio, con motivo do Día das Letras Galegas.
Fonte: Galicia Hoxe
Xesús Alonso Montero xa é o novo presidente da Real Academia Galega (RAG). O catedrático vigués foi elixido polo plenario da centenaria institución, que tivo que por primeira vez decidirse entre dúas candidaturas, a encabezada polo gañador e a que lideraba o xa ex-tesoureiro Manuel González.
Fonte: Praza Pública
Xesús Vázquez Abad, conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e mais Salustiano Mato de la Iglesia, reitor da Universidade de Vigo, asinaron un convenio de colaboración entre as dúas entidades que representan co fin de darlles continuidade ás accións a prol do galego que se veñen desenvolvendo nos últimos anos na institución viguesa.
Fonte: Xunta de Galicia
O Departamento de Cultura convoca un concurso de lemas para fomentar o uso do catalán entre os mozos, especialmente nas redes sociais.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O Goberno vasco asinou en Baiona (Francia) o acordo anual de colaboración co Organismo Público do Éuscaro no País Vasco francés que detalla as liñas de actuación para desenvolver en 2013 en colaboración entre as dúas institucións, en materia de Política Lingüística, así como os 400 000 euros que destinará aos axentes que traballan en favor do éuscaro no País Vasco francés.
Fonte: Expansión
A Sociedade da Lingua Galesa (Cymdeithas yr Iaith Gymraeg) denunciou que menos de 4000 libras, dun orzamento total de 17 millóns, se destinou á educación de adultos en lingua galesa no País de Gales.
Fonte: Wales Online
O Instituto Tecnolóxico de Massachusetts e o Goberno de Haití asinaron unha iniciativa conxunta para a promoción do ensino das ciencias, a tecnoloxía, a enxeñería e as matemáticas por medio da lingua crioula, como parte dun proxecto para axudar os haitianos a estudaren na lingua que a maioría fala na casa.
Fonte: MIT news
Subscríbase ao boletín