O Goberno de Navarra e a Real Academia da Lingua Vasca prorrogaron para este ano 2013 a colaboración que ambas as institucións manteñen desde 1918 coa sinatura dun convenio.
Fonte: Diario de Navarra
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O Goberno de Navarra e a Real Academia da Lingua Vasca prorrogaron para este ano 2013 a colaboración que ambas as institucións manteñen desde 1918 coa sinatura dun convenio.
Fonte: Diario de Navarra
O Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña está a publicitar actualmente dous novos certames. Trátase do II Concurso de Relatos Curtos: Lingua e Empresa e o III Concurso de Traballos Académicos Redactados en Lingua Galega.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria iniciou en Outes cun grande éxito o percorrido do programa de dinamización lingüística ‘Espello Deportivo’, no marco do cal tres famosos deportistas de elite e mais o actor ourensán Rubén Riós se achegarán a concellos pertencentes á Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia para incidiren na promoción do uso da nosa lingua propia como valor do deporte galego.
Fonte: Xunta de Galicia
O servizo bUSCatermos, lanzado pola Universidade de Santiago co obxectivo de atender as demandas lingüísticas dos usuarios alleos a esta institución educativa, atesoura xa seis meses de actividade, dende a súa apertura en consulta libre o pasado 1 de outubro.
Fonte: Código Cero
A Consellería de Educación notificoulles ao colexio parroquial concertado Sant Cristòfor de Picassent e ao colexio público (CP) Rei en Jaume de Xirivella que autorizou para o próximo curso 2013-2014 a implantación en ambos os centros de dúas liñas de ensino en valenciano, cumprindo así as sentenzas ditadas polo Tribunal Superior de Xustiza (TSJ) en decembro e febreiro pasados.
Fonte: Levante-EMV
O Consello da Cultura Galega vén de publicar na Mediateca dixital dous informes do Observatorio da Cultura Galega, publicados inicialmente en 2011 e 2012, nos que se debullan datos sobre a situación da lingua galega e a súa valoración por parte da cidadanía galega nos últimos anos.
Fonte: Culturagalega.org
A asociación Sortzen-Ikasbatuaz convoca a miles de persoas para que acudan o día 21 de abril a Villatuerta co obxectivo de reivindicar entre todos o dereito a vivir e estudar en éuscaro. Precisamente, Villatuerta é unha das moitas localidades navarras que están incluídas na zona non vascófona, segundo a Lei do éuscaro, e dáse a circunstancia de que cada día uns 31 nenos de Villatuerta se trasladan ata Estella para estudar en éuscaro.
O Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña confirmou en dez autos xudiciais que a Administración catalá deberá impartir ensino bilingüe -en castelán e catalán- nos centros escolares onde algunha das familias así o solicitara.
Fonte: La Vanguardia
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e mais o Valedor do Pobo colaborarán por vez primeira para impulsar o uso da lingua galega por medio dos servizos que esta institución lle presta á cidadanía galega, un forte impulso á dinamización lingüística e un paso importante a prol da normalización da lingua propia de Galicia.
Fonte: Xunta de Galicia
A Axencia Central de Noticias de Corea do Norte (ACNC) deixou de publicar momentaneamente noticias en linguas estranxeiras.
Fonte: Rádio Voz da Rússia
Subscríbase ao boletín