A Deputación foral de Biscaia aprobou conceder unha axuda de 355 000 euros a Euskaltzaindia, para apoiar e colaborar na promoción das actividades relacionadas co impulso e difusión do éuscaro.
Fonte: El Mundo
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A Deputación foral de Biscaia aprobou conceder unha axuda de 355 000 euros a Euskaltzaindia, para apoiar e colaborar na promoción das actividades relacionadas co impulso e difusión do éuscaro.
Fonte: El Mundo
O próximo curso 2013/2014, os estudantes universitarios poderán inscribirse no Instituto King Sejong, de Lingua e Cultura Coreana, inaugurando o seu primeiro curso académico. Concedido polo Goberno de Corea do Sur, o Instituto sentará as bases dun novo paso na apertura internacional da educación universitaria, que xa conta con outro convenio con China.
Fonte: La Provincia
O voceiro do grupo municipal de Esquerda Unida-Os Verdes, César Santiso, denuncia que o Goberno municipal utiliza o castelán como "vehículo habitual de expresión oral e escrita".
Fonte: La Opinión
A Oficina Pública da Lingua Vasca renovou o seu acordo co Goberno vasco para distribuír unha cantidade total de 1,6 millóns de euros á promoción do éuscaro no País Vasco francés.
Fonte: Sud Ouest
Angola financiará traballos do Vocabulario Ortográfico Común da Lingua Portuguesa, o que constitúe "a primeira vez que un país africano de lingua oficial portuguesa contribúe á promoción dun elemento central do Acordo Ortográfico, declarou á Axencia Lusa o director do Instituto Internacional da Lingua Portuguesa.
Fonte: Sol Sapo.pt
O Grupo Popular de Galicia instou a Xunta a impulsar o consumo de produtos galegos e promover os que estean etiquetados e comercializados en lingua galega.
Fonte: Europa Press
Un acordo entre o Concello de Santiago, o Grupo PREMIR e a Asociación Hostalería Compostela permitirá que, a partir do luns 22 e durante as Festas do Apóstolo, peregrinos e turistas reciban información básica a cargo de 16 voluntarios lingüísticos.
Fonte: Galicia Confidencial
Verán, postais, escritura e éuscaro son os elementos que combina a iniciativa de Jardun para animar a escribir unhas liñas e facelo en éuscaro, idioma no que se centran os seus esforzos. Convocaron a segunda edición dun concurso de postais de verán en éuscaro.
Fonte: Diario Vasco
O Consello de Ministros adiou definitivamente a implantación da proba oral de idioma estranxeiro da selectividade ao curso 2015-2016. A proba de valoración da comprensión e expresión oral de lingua estranxeira estaba prevista para a proba de acceso á universidade no curso académico 2011-2012, segundo o Real Decreto do 14 de novembro de 2000.
Fonte: Educaweb
O Plan de Internacionalización Lingüística da Universidade de Vigo, aprobado en Consello de Goberno o pasado mes de marzo, comezará a facerse realidade nas aulas a partir de setembro co arranque dun curso no que a Universidade de Vigo oferta un catálogo de máis de 100 materias en inglés, incluído un novo mestrado, o Mestrado en Ciencias Biolóxicas, que se impartirá integramente en lingua inglesa.
Fonte: Universidade de Vigo
Subscríbase ao boletín