Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    11 de abril de 2013

    Unha manifestación en Zagreb esixe que a latina siga sendo a única escrita aceptada na cidade de Vukovar. Segundo as leis croatas, os serbios desta cidade teñen dereito a usar oficialmente o alfabeto cirílico.

    Fonte: Nationalia

    10 de abril de 2013

    O Concello de Parla (Madrid) volve ofrecerlles un servizo de tradución gratuíto de árabe, ruso, chinés, francés ou inglés aos veciños estranxeiros que o necesiten. Nesta ocasión, serán os alumnos en prácticas do máster de Comunicación Intercultural, Interpretación e Tradución na Universidade de Alcalá de Henares os encargados de realizar as conversións. O consistorio tamén inclúe o servizo de interpretación oral para entrevistas de traballo, reunións ou eventos.

    Fonte: Aprende Más

    10 de abril de 2013

    Hai uns días o asesor xurídico do Concello de Muros, José Luís Barro, demandou o ex concelleiro do BNG José Ramón Farinós por chamarlle "fascista" no seu perfil de Facebook. O conflito comezara cando nun xuízo Barro lle pediu a Farinós que falase en castelán.

    Fonte: Praza Pública

    10 de abril de 2013

    O 10 de abril celébrase en Ourense a IX Festa da Lingua, iniciativa lúdico-didáctica que organiza anualmente Escolas Católicas de Galicia.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    10 de abril de 2013

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, visitou a alumnas e alumnos que cursan galego no Bierzo, no marco do Programa de Ensino en Galego de Castela e León, a quen animou a continuar estudando a lingua propia de Galicia.

    Fonte: Xunta de Galicia

    10 de abril de 2013

    A oficina de Julian Fantino, ministro canadense de Cooperación Internacional, pediu que todas as súas comunicacións fosen redactadas unicamente en inglés, feito que contravén a lexislación canadense de linguas oficiais.

    Fonte: Le Devoir

    10 de abril de 2013

    A Corporación Nacional de Desenvolvemento Indíxena de Chile aprobou un programa para que 120 comunidades mapuche da rexión da Araucania aprendan a súa lingua orixinaria.

    Fonte: Biobio Chile

    09 de abril de 2013

    A Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo pon en marcha unha nova edición dos Premios de poesía, relato curto e tradución. O certame, patrocinado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, ten por obxectivo promover e dinamizar a lingua galega á vez que recoñece a calidade e o talento da literatura producida no seo da institución.

    Fonte: Universidade de Vigo

    09 de abril de 2013

    O Concello da Coruña, así como dous dos aprobados na convocatoria de 2005, entendían que non era necesario incluír o galego nas probas de promoción interna, pois se supuña que ese exame xa o realizaran cando ingresaron no corpo. Pero o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia respóndelles que non todos os aspirantes foran sometidos a unha proba de lingua galega, xa que antes da lei do 2007 non era necesario.

    09 de abril de 2013

    O director xeral de Ordenación, Innovación e Formación Profesional, Onofre Ferrer, iniciou a presentación do borrador do proxecto de decreto polo que se regula o tratamento integral das linguas aos directores de centros educativos non universitarios de Baleares.

    Fonte: Última Hora

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder