O Parlamento catalán rexeitou dúas proposicións de lei que buscaban modificar a Lei de Educación de Cataluña (LEC) para que o castelán tamén sexa lingua vehicular nas escolas desta comunidade.
Fonte: Finanzas
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O Parlamento catalán rexeitou dúas proposicións de lei que buscaban modificar a Lei de Educación de Cataluña (LEC) para que o castelán tamén sexa lingua vehicular nas escolas desta comunidade.
Fonte: Finanzas
O goberno donostiarra aprobará o V Plan para a Normalización do Uso do Éuscaro no Concello, que eleva de 781 a 951 o número de postos que teñen asignado un perfil lingüístico preceptivo, aos que hai adscritos 46 traballadores que deberán acreditar ese nivel.
Fonte: Diario Vasco
Un acto poético e musical serviu de marco para lembrar a Rosalía de Castro no día en que se cumpren 128 anos do seu pasamento. A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada nos seus secretarios xerais de Cultura e de Política Lingüística, Anxo Lorenzo e Valentín García, respectivamente, participou nesta homenaxe á escritora promovida pola fundación que leva o seu nome e que tivo lugar na Casa da Matanza, en Padrón, onde Rosalía de Castro pasou os últimos anos da súa vida.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, convocou cinco novas prazas en lectorados de lingua e cultura galegas que se veñen sumar ás oito que saíron o mes pasado en universidades de España, Alemaña, Reino Unido e Polonia. Desta volta, o destino dos novos bolseiros será a Universidade de Berlín, en Alemaña; a Universidade Nova de Lisboa, en Portugal; a Universidade de Zádar, en Croacia e as universidades de Río de Xaneiro e de São Paulo, no Brasil.
Os nenos poden aprender dous idiomas ao mesmo tempo sen necesidade de realizar un esforzo maior, xa que é como se aprendesen unha soa lingua. Son capaces de manter os sons de cada idioma por separado, segundo indicou un estudo de Ithaca College (EUA).
Fonte: HNGN
México estrea a primeira telenovela en lingua maia subtitulada ao español. A serie, rodada na selva de Quintana Roo, no leste de México, está composta por 30 capítulos e desvelará os trazos da cultura maia na televisión pública e internet.
Fonte: Español Rfi
En cinco anos, todas as escolas e institutos públicos e concertados cataláns deberán impartir algunha materia ou parte de varias en inglés. Este é un dos puntos do plan polo plurilingüismo que a conselleira catalá de Educación, Irene Rigau, presentou e que se comezará a aplicar o próximo curso.
Fonte: El País
As persoas en paro que estean empadroadas en Donostia poderán realizar cursos gratuítos de éuscaro o próximo curso académico. O Servizo de Éuscaro do Concello concederá aos centros de ensino do éuscaro (euskaltegis) as subvencións necesarias para organizaren eses cursos.
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria continúa a fornecer de actividades de promoción social do galego aos concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia. En concreto, e durante esta semana, o espectáculo Peter Punk chegará aos municipios de Fene, Arzúa, Marín, Bueu e Xinzo de Limia para ampliar a presenza da lingua galega nas festas locais e dinamizar o seu uso entre a veciñanza máis nova.
Fonte: [nome da fonte]
A Deputación da Coruña vén de excluír o galego máis unha vez nas campañas que se emprenden desde esta institución. Desta volta fíxoo nunha campaña de sensibilización ligada ao proxecto 'Mandeo', pola recuperación e a posta en valor e o desenvolvemento sostible deste río que nace en Sobrado e desemboca na ría de Betanzos.
Fonte: Sermos Galiza
Subscríbase ao boletín