Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    27 de marzo de 2013

    En Ondarroa reina o éuscaro. Os datos extraídos do último estudo realizado por Soziolinguistika Klusterra e o Instituto Vasco de Estatística (Eustat) confirman que se utiliza en nove de cada dez conversas da vida cotiá ao situarse nun 93,6 %. «Case a totalidade dos seus 8856 habitantes comunícase coa lingua vasca», tal e como sinala o informe. Unicamente un 4,7 % utiliza o castelán, mentres que o 1,7 % restante se decanta por outros idiomas.

    Fonte: El Correo

    27 de marzo de 2013

    A Xarxa Dixital Catalá (Xadica) creou unha plataforma de financiamento, ao estilo da popular Verkami, que recadará fondos para proxectos que potencian a lingua e a cultura catalás, entre outros obxectivos.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    26 de marzo de 2013

    A televisión Lhasa TV da Rexión Autónoma do Tibet en China lanzou unha canle en lingua tibetana. No Tibet, moitos tibetanos non entenden o chinés mandarín e máis do 80 % dos aproximadamente 2 millóns de gandeiros e pastores ven canles de televisión en lingua tibetana.

    Fonte: Shanghai Daily

    26 de marzo de 2013

    A Academia Francesa pídelles aos lexisladores que renuncien a un proxecto de lei que pretende incentivar o éxito académico por medio da introdución de cursos en lingua estranxeira, xa que marxina a lingua francesa.

    Fonte: Le nouvel Observateur

    26 de marzo de 2013

    Os secretarios xerais de Política Lingüística e de Cultura, Valentín García e Anxo Lorenzo, respectivamente, asistiron ao plenario extraordinario da Real Academia Galega en homenaxe a Francisco Fernández del Riego.

    Fonte: Xunta de Galicia

    26 de marzo de 2013

    Entre as principais decisións adoptadas polo Consello de Goberno destaca a posta en marcha do Plan de Internacionalización Lingüística da Universidade de Vigo, un documento co que se pretende dotar a comunidade universitaria de competencias plurilingües e pluriculturais.

    Fonte: Universidade de Vigo

    26 de marzo de 2013

    A Mesa pola Normalización Lingüística acusa a Génesis Seguros de discriminar o galego e incumprir a lexislación que garante os dereitos lingüísticos dos tomadores de seguros.

    Fonte: Crónica3

    26 de marzo de 2013

    A empresa Aadimatiq creou o sistema de corrección en liña dirixido principalmente ás redes sociais e aos blogs, que permite corrixir textos en catalán con calidade profesional en poucos minutos. O proxecto, que ten a comodidade dos sistemas automáticos e a garantía do traballo directo de profesionais, obtivo o apoio da Dirección Xeral de Política Lingüística do Departamento de Cultura.

    26 de marzo de 2013

    O viceconselleiro de Política Lingüística do Goberno vasco, Patxi Baztarrika, anunciou que o executivo autónomo recuperou no seu Proxecto de Orzamentos da Comunidade Autónoma Vasca para 2013 a convocatoria de axudas individuais para a euscaldunización adultos, eliminada polo Goberno anterior, e que a dotou de 700 000 euros.

    Fonte: Deia

    25 de marzo de 2013

    A ratificación e adopción do Acordo Ortográfico da Lingua Portuguesa ten ensombrecido nos últimos anos o panorama lusófono. Non parece claro que exista unha vontade xeral para aceptar as novas regras, a pesar de que os oito países lusófonos acordaran en 2010 o fundamento do Acordo para toda a Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa.

    Fonte: Lusomonitor

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder