Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    20 de marzo de 2013

    O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou unha radiografía do sector editorial do Estado español. Segundo estes datos, en Galicia editáronse en 2012 un total de 2660 libros (o 45 % deles en lingua galega).

    Fonte: Letras en Obras

    20 de marzo de 2013

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu ao acto de nomeamento do profesor e académico da lingua galega Manuel González González como Fillo Predilecto do Concello de Mazaricos.

    Fonte: Xunta de Galicia

    20 de marzo de 2013

    A Xunta de Andalucía vai formar por primeira vez a policías locais en lingua de signos co obxectivo de mellorar a súa capacitación e a súa atención ás persoas xordas nos seus labores de seguridades e protección que realizan nos seus respectivos municipios.

    Fonte: Europa Press

    20 de marzo de 2013

    A Fundación do FC Barcelona e a Plataforma per la Llengua impulsaron unha guía lingüística para fomentar o uso do catalán entre os máis pequenos no mundo do deporte como vía de “inclusión e cohesión social”, con testemuñas de ex deportistas azulgrás e recoñecidos xornalistas.

    Fonte: La Vanguardia

    20 de marzo de 2013

    O Goberno de Afganistán anuncia o seu desexo de prohibir o uso do que chama “idiomas e dialectos estranxeiros” nos medios de comunicación afgáns. O Goberno tamén lle pediu ao Ministerio de Información e Cultura e ao Ministerio de Educación Superior que fagan un esforzo para incentivar os idiomas e dialectos nacionais.

    Fonte: Hispan TV

    19 de marzo de 2013

    O BNG de Ferrol pide que os concelleiros da corporación municipal cumpran coa obriga de expresarse en galego, tal e como recolle a Ordenanza Municipal de Normalización Lingüística.

    Fonte: La Voz de Galicia

    19 de marzo de 2013

    A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) demandou que se garanta que os alumnos adquiran "unha competencia plena" en lingua galega ao finalizar a Educación Secundaria Obrigatoria (ESO).

    Fonte: Galicia Hoxe

    19 de marzo de 2013

    O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, comunicou a decisión do Goberno galego de asumir as distintas sentenzas xudiciais sobre o Decreto do plurilingüismo, que avalan o equilibrio lingüístico e a ambición de incorporar unha terceira lingua á Educación Pública e que o consideran conforme á Lei de normalización lingüística aprobada por unanimidade en 1983.

    Fonte: Xunta de Galicia

    19 de marzo de 2013

    A principal novidade que incorpora o portal é a sección Komunitatea, que lles permite aos docentes de Formación Profesional subir á web o material xerado por eles mesmos en éuscaro e compartilo. Ese material, pertencente á totalidade das familias de FP, está a disposición de calquera usuario de forma libre e gratuíta.

    Fonte: Euskara

    18 de marzo de 2013

    Por primeira vez en case 20 anos, escolas públicas de Gaza apréndenlles hebreo aos seus alumnos e a demanda supera xa o número de profesores cualificados. Trátase dun programa de ensino desta lingua promovido pola multitude de palestinos que aprenderon hebreo durante anos de traballo en Israel.

    Fonte: The Christian Science Monitor

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder