Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    13 de marzo de 2013

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou nos actos conmemorativos do 96.º aniversario do pasamento do vate bergantiñán, organizados pola Fundación Eduardo Pondal en colaboración co Concello da Coruña.

    Fonte: Xunta de Galicia

    13 de marzo de 2013

    A comunidade educativa vasca conta xa co corpus de éuscaro máis grande xamais elaborado cun total de 204,9 millóns de palabras. Elaborado polo Instituto do Éuscaro da Universidade do País Vasco está dispoñible en liña a través de www.ehu.es/etc.

    Fonte: El Correo

    13 de marzo de 2013

    Plataforma pola Lingua rexistrou un total de 501 queixas polas deficiencias de atención lingüística escrita ou oralmente en catalán en comercios, empresas e establecementos e tamén por incumprimentos do dereito do consumidor en materia de etiquetaxe.

    Fonte: Europa Press

    13 de marzo de 2013

    O profesor Almidio Aquino, integrante da Academia da Lingua Guaraní, declarou que a institución funciona sen orzamento e que os gastos que se orixinan se cobren con achegas dos seus membros. Porén, a Academia está no proceso final de elaboración dos seus estatutos, primeiro paso para poder cumprir a súa función principal: a creación dun alfabeto e gramática oficiais da lingua guaraní.

    Fonte: Última Hora

    13 de marzo de 2013

    Unha experta independente das Nacións Unidas declarou que a metade das máis de 6000 linguas que se falan no mundo desaparecerán a finais do século se non se realizan os esforzos necesarios para salvalas. Ademais, salientou que as linguas minoritarias son unha causa frecuente de tensións para moitos gobernos cuxa única obriga é garantir a súa protección.

    Fonte: United Nations

    12 de marzo de 2013

    A Xunta de Galicia facilitaralles aos concellos galegos un sistema de tradución automatizada directa e inversa do galego ao castelán e mais ao portugués, que lle permitirá á Administración local galega aumentar a calidade lingüística da súa documentación técnica e administrativa, webs e correos electrónicos, ademais de reforzar e consolidar a aplicación da toponimia oficial de Galicia.

    12 de marzo de 2013

    Haberá recurso de casación da Real Academia Galega ante a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia sobre o Decreto para o plurilingüismo no ensino.

    Fonte: Culturagalega.org

    12 de marzo de 2013

    O Tribunal Superior de Xustiza de Valencia deulle a razón a Acción Cultural tras o seu recurso contra unha orde da Consellería de Educación que non recoñecía o título de Filoloxía Catalá por acreditar “coñecementos de valenciano” nas probas de acceso ao profesorado do ano 2009.

    Fonte: El Punt Avui

    12 de marzo de 2013

    O Instituto de Euscaldunización e Alfabetización do Goberno vasco, HABE, presentou un novo método de aprendizaxe de éuscaro, denominado “Primeran!”, dirixido aos alumnos dos niveis básicos A1 e A2.

    Fonte: Diario Vasco

    11 de marzo de 2013

    Twitter inaugura unha nova funcionalidade para os seus usuarios: a posibilidade de descargar "tweets" para que estes non se perdan na inmensidade da rede social. A opción xa está dispoñible no idioma orixinal, o inglés, desde decembro, mais a rede social decidiu agora ampliala a doce linguas máis.

    Fonte: Dinheiro Vivo

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder