Desde as súas orixes foron ampliando progresivamente a súa oferta formativa e o seu número de alumnos chegando a superar os 7000 anuais, procedentes de máis de 70 países.
Fonte: Salamanca 24 horas
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Desde as súas orixes foron ampliando progresivamente a súa oferta formativa e o seu número de alumnos chegando a superar os 7000 anuais, procedentes de máis de 70 países.
Fonte: Salamanca 24 horas
O presidente da Asemblea da Polinesia Francesa, Edouard Fritch, convocou os presidentes dos grupos políticos a unha sesión administrativa onde se estudará unha proposición para modificar un artigo da Constitución, co fin de autorizar o uso das linguas polinesias no seo da asemblea.
Fonte: La Dépéche
O líder bérber Rahid Raha enviou unha carta ao monarca marroquí para lembrar que o recoñecemento constitucional do idioma bérber (amazig) non se está aplicando na práctica. O texto asegura que se está producindo un "xenocidio cultural e lingüístico" contra a cultura bérber.
Fonte: Nationalia
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Fundación Pública Galega Camilo José Cela, inaugura unha nova mostra anual sobre a figura do premio Nobel padronés na Biblioteca de Galicia sita na Cidade da Cultura.
Fonte: Xunta de Galiia
O secretario xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Valentín García, presentou no Edificio Multiúsos de San Cristovo de Cea, “Augalingua”, a nova actividade estival que estrea o programa de dinamización lingüística “FalaRedes 2013”.
Fonte: Xunta de Galicia
A Plataforma pola Lingua e a Fundación Vincle contan nun vídeo a situación excepcional que vive o catalán dentro da Unión Europea. O vídeo, feito a raíz da entrada de Croacia o pasado luns 1 de xullo, como membro número 28 da Unión Europea, denuncia a situación que vive actualmente o catalán e compáraa con outras linguas cun número de falantes similar e incluso menor que si son oficiais na Unión.
Fonte: El Periódico
Desde o Concello de Bimenes explican como, “a pesar das dificultades económicas, vai presentarse un programa de actividades ben completo que inclúe, ademais do pregón, a tradicional misa en asturiano, as actuacións de grupos folclóricos, o tamén tradicional almorzo popular, a final do XVI Concurso de Gaita de Bimenes e unha mostra de cuatreada”.
Fonte: Asturnews
Un total de 93 alumnos de distintas nacionalidades participarán na nova edición dos Cursos de Lingua e Cultura da Universidade de Castela-A Mancha (UCLM) no Campus de Cuenca.
Fonte: La Cerca
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria segue a fornecer os concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia cunha oferta de actividades de lecer en lingua galega que conforma a súa programación anual. Tal é o caso da iniciativa “Peter Punk”, que chegará a Ames, no marco do “Festival de Verán” que organiza este Concello, membro fundador da RDL.
Fonte: Xunta de Galicia
Segundo o Ministerio de Educación de Nova Zelandia, o número de escolas de lingua maorí rexistrou un forte crecemento, pasando de 13 a 72 entre 1992 e 2011. Así mesmo, o número de estudantes medrou en máis de 1000 nos últimos dez anos.
Fonte: Stuff
Subscríbase ao boletín