Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    15 de marzo de 2013

    A iniciativa, que inclúe diferentes certames (fotografía, banda deseñada, narración curta, poesía, teatro e música), está deseñada para fomentar o uso do galego nas actividades propias da mocidade, así como para incentivar a reflexión sobre a situación actual do idioma.

    Fonte: Prolingua

    15 de marzo de 2013

    O Servizo de Normalización Lingüística do Grove, pertencente á Concellería de Novas Tecnoloxías, pon en marcha un curso de lingua galega para inmigrantes ou estranxeiros.

    Fonte: Faro de Vigo

    15 de marzo de 2013

    O Casal Social do Xordo de Manresa e a Fundación Althaia asinaron un acordo para organizar o primeiro curso de lingua de signos catalá en liña. Segundo informaron os organizadores do curso, trátase da primeira vez en España que se fará un curso de lingua de signos por internet.

    Fonte: Tecnosord

    15 de marzo de 2013

    Aplica’t é unha aplicación en lingua catalá dedicada á análise de dúbidas, dificultades e incorreccións, con explicacións e equivalencias en castelán e inglés. A aplicación axudará aos usuarios a ampliar o seu vocabulario e a mellorar a precisión léxica mediante exercicios e actividades interactivas.

    14 de marzo de 2013

    A Xunta non recorrerá, finalmente, a sentenza emitida polo Tribunal Superior de Xustiza con respecto ao decreto do plurilingüismo deseñado polo Executivo durante a súa primeira lexislatura.

    Fonte: El País

    14 de marzo de 2013

    A iniciativa "Café de idiomas" consiste en concertar encontros entre persoas interesadas en practicar algunha lingua estranxeira. A idea é que os participantes se reúnan para manter conversacións informais á vez que melloran «a súa competencia lingüística en diferentes idiomas».

    Fonte: La Voz de Galicia

    14 de marzo de 2013

    O grupo municipal do PP en Ourense «celebra» que o Goberno local tome o acordo de pedir a adhesión do Concello de Ourense á Rede de Dinamización Lingüística da Xunta, cun centenar de concellos galegos xa integrados.

    Fonte: La Voz de Galicia

    14 de marzo de 2013

    A Universidade da Coruña vén de poñer ao dispor da comunidade universitaria, vía intranet, un servizo de tradución automática que traballa con ata 14 pares de linguas.

    Fonte: Universidade da Coruña

    14 de marzo de 2013

    Asociacións en defensa do catalán, éuscaro e galego reuníronse no Congreso con distintos grupos parlamentarios para denunciar as consecuencias que provocaría a posta en marcha da reforma educativa e pedirlles que trasladen a “indignación” da sociedade civil.

    Fonte: Deia

    14 de marzo de 2013

    A plataforma de almacenamento de arquivos en liña Dropbox anunciou que está dispoñible en portugués brasileiro. Con esta nova incorporación, este servizo xa pode visualizarse en oito idiomas: inglés, francés, alemán, italiano, xaponés, coreano, español e portugués.

    Fonte: Administradores

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder