Hoxe en día cada vez máis estudos universitarios de Finlandia son en lingua inglesa. Porén, este avance non é visto con bos ollos por moitos académicos que consideran que pode pór en risco as linguas oficiais do país.
Fonte: Uutiset
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Hoxe en día cada vez máis estudos universitarios de Finlandia son en lingua inglesa. Porén, este avance non é visto con bos ollos por moitos académicos que consideran que pode pór en risco as linguas oficiais do país.
Fonte: Uutiset
Seis meses despois da súa presentación, os promotores da Iniciativa Lexislativa Popular Valentín Paz Andrade presentan no Parlamento de Galicia as 17 000 sinaturas que permitirán comezar a súa tramitación parlamentaria. O proxecto propón que se incorpore de xeito progresivo o portugués no ensino galego, ademais de medidas que garantan a recepción de radios e televisións portuguesas en Galicia ou a participación de institucións e empresas galegas en foros económicos, culturais e deportivos da lusofonía.
A Concellería de Normalización presentou a segunda edición do Galegote Rock que se celebrará en abril na Sala Karma da cidade de Pontevedra.
Fonte: Concello de Pontevedra
O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiron na Coruña ao acto de ingreso na Real Academia Galega como membro numerario de Xosé Fernández Ferreiro.
Fonte: Xunta de Galicia
Badoo é unha das redes sociais de citas máis importantes do mundo e conta con máis de 170 millóns de usuarios. Desde a súa creación, fóronse incorporando idiomas ata ofrecer os seus servizos en 40 linguas distintas. “Actualmente hai máis de dez millóns de persoas no mundo que falan catalán”, explican no seu blog, por este motivo decidiron engadir a lingua catalá no seu portal.
Fonte: El Periódico
O Departamento de Educación, Política Lingüística e Cultura vai recoñecer, a través de Habe, as certificacións académicas dos niveis básicos de éuscaro A1 e A2 do Marco Europeo para as Linguas, integrándoos no Currículo Básico para a Euscaldunización de Adultos.
Fonte: Europa Press
O comisario europeo de Desenvolvemento recibirá responsables gobernamentais portugueses, así como a presidenta do Instituto Camões, para presentar o recentemente creado Camões, Instituto da Cooperación e da Lingua que ten como obxectivos, entre outros, propor e executar a política de ensino e divulgación da lingua e cultura portuguesas no estranxeiro.
Fonte: Diário Digital
O Ministerio de Cultura francés constituíu un comité consultivo para a promoción das linguas rexionais co fin de "redefinir unha política pública a favor da diversidade lingüística".
Fonte: Eitb
Con motivo da semana do gaélico irlandés, varias actividades, que teñen como fin a aprendizaxe da lingua, terán lugar por primeira vez no leste de Belfast, de maioría protestante.
Fonte: Belfast Telegraph
Co fin de facer máis visible a lingua friulana e promover o seu uso, o Concello de Udine presenta dúas iniciativas no ámbito da comunicación e a información públicas: “Udin par furlan” e “Furlan in Comun”.
Fonte: Il Friuli
Subscríbase ao boletín