Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    05 de marzo de 2013

    No que se refire ao uso dos idiomas na docencia da Universidade de Santiago de Compostela neste curso 2012-2013, sen dúbida o dato máis salientable é que o castelán é a lingua en que se imparten o 73,74 % das horas de clase. O galego vehicula o 23,34 % e o inglés o 1,72 %. Francés, portugués, italiano e alemán repártense o restante 1,2 % das horas docentes.

    Fonte: O Cartafol Dixital

    05 de marzo de 2013

    En Aragón, un centenar de esperantistas velan por manter viva es lingua grazas ao labor da Asociación Frateco e a Fundación Esperanto.

    Fonte: Heraldo

    05 de marzo de 2013

    Coincidindo co Mobile World Congress 2013, a Dirección Xeral de Política Lingüística do Departamento de Cultura inicia o proxecto “A app da semana”, co obxectivo de dar a coñecer a oferta de aplicacións en catalán e fomentar o seu uso.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    04 de marzo de 2013

    O informe sobre a situación da lingua alemá (Bericht zur Lage der Deutschen Sprache) revela que nunca antes os alemáns dominaran tanto e escribiran tan ben a súa lingua como na actualidade. Coñecen de media 1,6 millóns de palabras máis que hai 100 anos. O vocabulario é máis variado e a gramática simplifícase cada vez máis.

    Fonte: Tagesspiegel

    04 de marzo de 2013

    Un grupo de investigación do Departamento de Lingüística da Universidade de Hawai, en Manoa, confirmou a existencia dunha lingua de signos indíxena non documentada ata agora.

    Fonte: Phys.org

    04 de marzo de 2013

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na homenaxe ao doutor Antón Beiras, promovida pola Irmandade da Sanidade Galega (ISAGA) e polo Colexio Oficial de Médicos de Pontevedra.

    Fonte: Xunta de Galicia

    04 de marzo de 2013

    O Tribunal Supremo deulle a razón á Generalitat en canto ao modelo lingüístico da escola catalá. Segundo a sentenza, a demanda dos recorrentes (unha familia que demandaba o castelán como a lingua vehicular para todo o sistema educativo) non é procedente e o tribunal confirma que se trata dunha situación xurídica individualizada.

    04 de marzo de 2013

    A empresa The Movie Virtual creou unha tenda en liña que reúne as aplicacións en éuscaro. Trátase do proxecto Euskalapps.net e desenvolverá aplicacións en éuscaro para teléfonos móbiles.

    Fonte: Euskara

    03 de marzo de 2013

    O código electoral paraguaio tradúcese á lingua guaraní e espérase que estea listo para os comicios xerais do próximo mes de abril, informou o Tribunal Superior de Xustiza Electoral de Paraguai.

    Fonte: Prensa Latina

    03 de marzo de 2013

    O bo dominio da lingua portuguesa, oral e escrito, é un elemento diferencial curricular cada vez máis valorizado nas empresas e nas relacións interpersoais, tanto polos propios brasileiros como estranxeiros que viven no Brasil.

    Fonte: SEGS

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder