Os tibetanos marcaron unha data especial no calendario para promover o uso da lingua tradicional tibetana en China, reivindicando un uso sen influencias do chinés co fin de recuperar a identidade tibetana.
Fonte: Radio Free Asia
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Os tibetanos marcaron unha data especial no calendario para promover o uso da lingua tradicional tibetana en China, reivindicando un uso sen influencias do chinés co fin de recuperar a identidade tibetana.
Fonte: Radio Free Asia
O congreso nacional das Xuventudes Socialistas aprobou por unanimidade unha moción titulada "O Mirandés" co fin de garantir a preservación da segunda lingua oficial en Portugal.
Fonte: DN
O galardón número 29 da Fundación Curros Enríquez recaeu este ano, por decisión do padroado, nunha empresa e a elixida por unanimidade foi R Telecomunicacións, a primeira operadora galega que desde a súa fundación, en 1998, "mantivo o compromiso co noso idioma, coa nosa cultura e coa nosa terra", segundo se recolle na acta asinada polos integrantes do padroado e membros do xurado.
Fonte: Faro de Vigo
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, salientou na celebración do acto institucional conmemorativo do 176 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, a importancia do recoñecemento colectivo que Galicia brinda á obra e á figura rosaliana.
Fonte: Xunta de Galicia
Os 90 000 empregados públicos da Administración autonómica e os traballadores dos concellos galegos teñen a partir de agora acceso ao Dicionario xurídico galego en liña. Esta ferramenta, froito da colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica, a Consellería de Cultura e Educación e mais Edicións Xerais, contribuirá á normalización da lingua propia de Galicia no ámbito xurídico-administrativo.
Fonte: Xunta de Galicia
Iniciáronse dous cursos de catalán promovidos polo Consello de Formentera a través do seu Servizo de Asesoramento Lingüístico, que queren preparar o alumnado para as probas oficiais que o Goberno balear convocará para finais do mes de maio.
Fonte: Última hora
O Departamento de Empresa e Ocupación puxo en marcha unha oficina de turismo en Facebook. O servizo, denominado “Ask the office”, atenderá consultas en catalán, castelán, inglés, francés, italiano e alemán.
Fonte: Generalitat de Cataluña
A Deputación de Guipúscoa instou o Goberno vasco a que inclúa os medios e recursos necesarios no proxecto de orzamentos destinados á gratuidade do ensino do éuscaro para adultos.
Fonte: Diario Vasco
O Pleno do Concello de Tolosa aprobou, na súa última sesión, solicitar a entrada do Concello de Tolosa na UEMA, a asociación de municipios que traballan só en éuscaro.
Fonte: Diario Vasco
A día de hoxe a Galipedia achégase xa ás cen mil entradas grazas ao traballo e colaboración de miles de voluntarios que fan posible a existencia deste portal e grazas tamén aos mecanismos comunitarios de revisión entre iguais.
Fonte: Código Cero
Subscríbase ao boletín