Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    20 de febreiro de 2013

    Con motivo do Día Internacional da Lingua Materna, que se celebra o 21 de febreiro, o Goberno Federal de México, a través do Instituto Nacional de Linguas Indíxenas (INALI), realizará diferentes actividades destinadas a impulsar políticas públicas no ámbito da promoción lingüística.

    Fonte: La Tarde

    20 de febreiro de 2013

    Unha estimación da cidade de Helsinqui mostra unha proxección moito máis internacional da capital finlandesa nos próximos vinte anos. Ruso, estoniano e as linguas asiáticas son os idiomas maternos máis estendidos entre os seus residentes.

    Fonte: Uutiset

    20 de febreiro de 2013

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, inaugurou na Casa da Cultura de Negreira a mostra “Querido Balbino, 1961-2011. 50 anos de Memorias dun neno labrego”.

    Fonte: Xunta de Galicia

    20 de febreiro de 2013

    O Concello destinará este ano case un millón e medio de euros a actividades e subvencións para o fomento do éuscaro. É a proposta que leva o Goberno municipal no proxecto de orzamentos do Departamento de Éuscaro que, entre outras propostas, inclúe unha partida de 38 000 euros para ofrecer cursos gratis aos donostiarras que estean en paro.

    Fonte: Diario Vasco

    19 de febreiro de 2013

    Só 15 escolas ensinan a lingua tártara en Crimea (Ucraína) e unicamente o 16 % dos rapaces ten acceso ao ensino nesta lingua. Con motivo do Día Internacional da Lingua Materna, a asociación de docentes Maarifchi está organizando por toda Crimea seminarios para establecer medidas concretas que resolvan o problema do ensino na lingua materna.

    Fonte: World Bulletin

    19 de febreiro de 2013

    Sen libros didácticos específicos na lingua hup, os alumnos indíxenas da etnia hupd’äh enfróntanse a dificultades para a preservación do idioma nativo na área do Alto Río Negro, que se sitúa na rexión norte do Amazonas brasileiro.

    Fonte: G1 Amazonas

    19 de febreiro de 2013

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca un ano máis as subvencións para proxectos de fomento do uso do galego elaborados polos equipos de dinamización da lingua galega de centros educativos de titularidade privada.

    Fonte: Xunta de Galicia

    19 de febreiro de 2013

    O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, presentou o volume vixésimo terceiro da colección Cadernos Ramón Piñeiro, editado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística a través do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH).

    Fonte: Xunta de Galicia

    19 de febreiro de 2013

    Tal e como sinala o barómetro-observatorio de Calvet, que avalía anualmente o peso real das linguas do mundo e que o ano pasado analizou 563 linguas con máis de 500 000 falantes, o éuscaro ocupa a 51ª posición na clasificación das linguas do mundo.

    Fonte: Euskara

    19 de febreiro de 2013

    Critican que a canle «colocou diante das cámaras un novo equipo de intérpretes que utilizan mal a lingua de signos».

    Fonte: ABC

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder