O Departamento de Presidencia subvencionou con máis dun millón de euros as comunidades catalás no estranxeiro. Considéranse comunidades catalás no “exterior” as de Madrid, Zaragoza e Sevilla.
Fonte: e-Notícies
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O Departamento de Presidencia subvencionou con máis dun millón de euros as comunidades catalás no estranxeiro. Considéranse comunidades catalás no “exterior” as de Madrid, Zaragoza e Sevilla.
Fonte: e-Notícies
Nos anos noventa, os académicos prognosticaron que a lingua yuruk se extinguiría a curto prazo. A medida que falecían os falantes máis vellos, o número de falantes nativos diminuíu ata seis. Porén, os xefes da tribo decidiron que non podían deixar morrer a lingua. O outono pasado, a escola Eureka High School, converteuse na quinta escola do norte de California en introducir un programa de inmersión en lingua yuruk. A día de hoxe, converteuse no programa de revitalización lingüística de maior éxito en todo o estado.
“Eses alumnos que veñen de países onde o portugués non é a lingua oficial ou non é a lingua que habitualmente usan están cada vez máis presentes na escola portuguesa”, dixo á axencia Lusa a profesora Isabel Aires de Matos, con motivo da tertulia sobre “Lusofonía e a Escola Portuguesa”.
Fonte: As Beiras
O novo Acordo Ortográfico está en vigor desde hai un ano, mais continúa a suscitar moitas dúbidas entre os usuarios. A aplicación Ciberdúvidas, lanzada recentemente para os equipamentos da Apple (iOS) e Android, pode servir para resolver estas dúbidas.
Fonte: Dinheiro Vivo
Moitas escolas e organizacións educativas de Haití están rompendo coa tradición de empregar o francés como única lingua de instrución co fin de frear a grave crise educativa que vive o país. A lingua crioula debería converterse na lingua de instrución, xa que é a única que todos os alumnos e profesores entenden e dominan realmente.
Fonte: Newser
Un estudo analizou as competencias en comunicación lingüística en idiomas estranxeiros e en coñecemento e interacción co mundo físico dun total de 23 706 alumnos de 4º curso de Primaria e 2ª de Educación Secundaria (ESO), no que tamén tomaron parte 2463 profesores. Entre os datos concretos, no estudo sinálase que en Educación Primaria o 57,03 por cento dos alumnos estudados teñen unha competencia media-alta en comunicación lingüística en lingua estranxeira e un 32,73 media-baixa.
Preto de tres millóns de valencianos aseguran falar a súa lingua propia, fronte aos 2,1 millóns que revelan non facelo. Así queda de manifesto no Informe sobre a situación da lingua catalá (2011) realizado pola Xarxa Cruscat do Instituto de Estudos Cataláns por encargo do Observatorio da Lingua Catalá.
Fonte: Xarxa CRUSCAT
Escocia precisará de máis financiamento e formación se quere continuar liderando o ensino en linguas estranxeiras. A oficina do British Council en Escocia declarou tamén que é primordial que as empresas recoñezan a importancia de ter coñecementos lingüísticos para a economía do país.
Fonte: Stv News
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Betanzos convoca, dentro do programa do Entroido 2013, un concurso de receitas típicas de Entroido para contribuír a promover a lingua galega na gastronomía durante estas festas.
Fonte: Xornal de Betanzos
Os secretarios xerais de Política Lingüística e de Cultura, Valentín García e Anxo Lorenzo, respectivamente, participaron na celebración do 178.º aniversario do nacemento de Eduardo Pondal, na casa natal do bardo, en Ponteceso.
Fonte: Xunta de Galicia
Subscríbase ao boletín