Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    04 de febreiro de 2013

    Aprender idiomas de forma recíproca e sen custo económico. E facelo voluntariamente, nun ambiente distendido e entre mozos da mesma idade. É o que ofrece o servizo de tándem de conversación que a partir deste mes de febreiro porá en marcha o campus de Pontevedra.

    Fonte: La Voz de Galicia

    04 de febreiro de 2013

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, publicou no Diario Oficial de Galicia (DOG) a orde do 25 de xaneiro de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á edición en lingua galega de recursos didácticos para niveis non universitarios.

    Fonte: Xunta de Galicia

    04 de febreiro de 2013

    Preséntanse en San Sebastián os resultados detallados do proxecto Arrue, o retrato máis preciso da relación entre a escola e o uso do éuscaro.

    Fonte: Diario Vasco

    04 de febreiro de 2013

    O Goberno vasco planea “relanzar” o dereito dos consumidores euscaldúns a ser atendidos en éuscaro nos comercios e empresas de servizos. Para isto, a viceconsellería de Política Lingüística “vai analizar o grao de desenvolvemento e implantación” do Decreto sobre os dereitos lingüísticos das persoas consumidoras.

    Fonte: Noticias de Gipuzkoa

    04 de febreiro de 2013

    O embaixador Francisco Seixas da Costa declarou, con motivo dun encontro para estimular a promoción mundial da lingua portuguesa na Academia das Ciencias de Lisboa, que "como lingua de traballo, o portugués desaparecerá paulatinamente da Unión Europea".

    Fonte: Público

    04 de febreiro de 2013

    Os datos do censo confirman a crecente diversidade da poboación de Londres, xa que máis de 100 linguas diferentes se falan practicamente en cada un dos distritos que compoñen a cidade.

    Fonte: London Evening Standard

    03 de febreiro de 2013

    O alcalde de Noreña, Cesar Movilla, é coñecido polo seu odio contra o asturiano, que o levou en máis dunha ocasión a tratar de prohibir o seu uso no pleno e nas actividades do concello. Agora dáse un novo caso de represión lingüística protagonizado por el, xa que se nega a tramitar dúas solicitudes de documentación de Conceyu Abiertu por Noreña por estar escritas en asturiano.

    Fonte: Asturnews

    01 de febreiro de 2013

    A Deputación e 36 concellos guipuscoanos, a Mancomunidade de Urola Kosta e a mancomunidade de concellos euscaldúns (UEMA) acordaron unha serie de criterios lingüísticos que pretenden aplicar de forma unificada nas contratacións de servizos e obras externas que realicen.

    Fonte: Noticias de Gipuzkoa

    01 de febreiro de 2013

    O Certame de Cartas de Amor de Radio Fene (Radiofusión) cumpre 15 anos. As persoas interesadas deben enviar as cartas, en prosa ou en verso, en lingua galega, e que non excedan dun folio ou 1650 caracteres.

    Fonte: CTNL

    01 de febreiro de 2013

    A tradución ao galego é do 100 % na versión 3.5.1 de Wordpress, o que significa, entre outras cousas, que amais do panel de uso común, tamén veremos en galego elementos como os menús de administración.

    Fonte: Código Cero

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder