O Concello de Sant Llorenç des Cardassar aprobou en pleno que o catalán siga sendo un requirimento e non un mérito para acceder a un emprego público municipal.
Fonte: Diario de Mallorca
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O Concello de Sant Llorenç des Cardassar aprobou en pleno que o catalán siga sendo un requirimento e non un mérito para acceder a un emprego público municipal.
Fonte: Diario de Mallorca
O ensino dunha lingua orixinaria no novo currículo escolar boliviano será progresiva. Partirá do sinxelo (educación oral) ata chegar ao difícil (lectura e escritura).
Fonte: La Razón
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria levou a fin de semana ‘O Señor das dunas’ aos concellos de Fene, Abegondo e Forcarei, todos eles pertencentes á Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia.
Fonte: Xunta de Galicia
Miles de persoas, convocadas pola plataforma Queremos Galego, percorreron as rúas de Santiago de Compostela en defensa da lingua galega e contra a política lingüística levada a cabo polos gobernos do Partido Popular, tanto na Xunta de Galicia como na Administración central.
Fonte: Europa Press
Nace Táboas, un novo medio dixital en lingua galega especializado en deporte galego. O equipo redactor comprométese a ofrecer as principais novidades deportivas en Galicia, tratando con equidade os temas relacionados coas diferentes disciplinas (fútbol, baloncesto, patinaxe, competicións de motor…).
Fonte: Consello da Cultura Galega
Os servizos de éuscaro da comarca de Urola Garaia poñen o termómetro a tendas e bares estes días para coñecer o grao de utilización do éuscaro nos seus establecementos, comprobar o efecto que tiveron as campañas organizadas desde estes para impulsalo e identificar os focos sobre os que traballar no futuro.
Fonte: Diario Vasco
Desde o próximo curso, nas escolas básicas aprenderase obrigatoriamente unha segunda lingua estranxeira.
Fonte: Radio Praha
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da súa Secretaría Xeral de Política Lingüística, fixo pública a Orde pola que se anuncia a convocatoria para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade pública de Galicia para o curso escolar 2012-2013.
Fonte: Xunta de Galicia
Os estudantes de grao da Universidade Pública de Navarra deberán amosar unha competencia lingüística en inglés, francés, alemán ou italiano equivalente ou superior ao nivel B1 (intermedio) para graduarse.
Fonte: Noticias de Navarra
Os alumnos do taller de emprego ‘Especialista en Lingua de Signos e Web 2.0’ crearán a primeira comunidade virtual dirixida a usuarios de lingua de signos, unha plataforma que facilitará o ensino na modalidade a distancia e na que poderán participar tanto persoas xordas interesadas en formarse coma docentes desta lingua e oíntes que queiran practicala.
Fonte: Granada Hoy
Subscríbase ao boletín