Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    24 de xaneiro de 2013

    Unha lingua aborixe que desaparecera debido á colonización europea de Australia foi reavivada, grazas á dedicación dos investigadores e á visión dos misioneiros alemáns do século XIX.

    Fonte: BBC

    23 de xaneiro de 2013

    O Concello de Oroso convoca o concurso de receitas de Entroido “En galego sabe mellor”, unha iniciativa que chega este ano á súa cuarta edición e coa que se busca combinar a recuperación de receitas tradicionais de Entroido co uso da lingua galega.

    Fonte: Concello de Oroso

    23 de xaneiro de 2013

    O presidente do partido político indio DMK, M. Karunanidhi, instou o primeiro ministro Manmohan Singh a tomar medidas para garantir que o Goberno de Sri Lanka dá marcha atrás no seu programa de erradicación da lingua, a cultura e a relixión tamil.

    Fonte: The Hindu

    23 de xaneiro de 2013

    A revista Platero, creada con financiamento público para difundir a literatura infantil e xuvenil polo centros docentes de Asturias, non inclúe nunca obras literarias en asturiano.

    Fonte: Asturnews

    23 de xaneiro de 2013

    Gabi de la Maza é profesor de éuscaro e desde hai anos prepara karaokes con cancións vascas para os seus alumnos. Visto o éxito que tiñan, abriu unha canle en Youtube e seguiu engadindo vídeos, ademais de seguir pouco a pouco completando a lista na súa web Txantxangorri.eu.

    Fonte: Euskalcultura

    23 de xaneiro de 2013

    As persoas que aprenderon un segundo idioma cando eran nenos teñen maior axilidade mental a idades avanzadas, segundo un estudo que publicou a revista Neuroscience.

    Fonte: Te Interesa

    22 de xaneiro de 2013

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria volve, unha fin de semana máis, a achegarlle a lingua galega aos concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) por medio do programa ‘FalaRedes’.

    Fonte: Xunta de Galicia

    22 de xaneiro de 2013

    Grazas aos seus apaixonados defensores, o galés atópase en plena forma e a situación doutras linguas minoritarias do Reino Unido está tamén mellorando.

    Fonte: Independent

    22 de xaneiro de 2013

    O Secretario de Transporte do Reino Unido, Patrick McLoughlin, iniciou unha campaña para evitar que os intérpretes axuden ás persoas que non falan inglés a conseguir un carné de condución británico ao dicirlles as respostas ás preguntas tanto na teórica coma na práctica.

    Fonte: Daily Mail

    22 de xaneiro de 2013

    Fomentar o uso do éuscaro no traballo e facilitarlles aos profesionais de sectores como a hostalería, o comercio ou o ensino buscar xente que coñeza este idioma para cubrir ofertas laborais son o obxectivo da iniciativa Beharsarea.net.

    Fonte: ABC

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder