Volve o cine infantil en éuscaro os domingos pola tarde, impulsado polas Comisións de Éuscaro dos concellos de Urretxu e Zumarraga.
Fonte: Diario Vasco
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Volve o cine infantil en éuscaro os domingos pola tarde, impulsado polas Comisións de Éuscaro dos concellos de Urretxu e Zumarraga.
Fonte: Diario Vasco
Sina Weibo, a plataforma chinesa de microblogs coñecida ás veces como “O Twitter de China”, comezou a ofrecer unha interface en lingua inglesa.
Fonte: Tech Crunch
Dada a intención do Ministerio de Educación e Cultura de revisar o currículo educativo de 2013, que inclúe a transformación das clases de inmersión na lingua local en clases de arte e cultura, os balineses demandaron manter as clases de lingua balinesa nos colexios.
Fonte: Bali Daily
O Consorcio pola Normalización Lingüística impartirá cursos en liña e semipresenciais para potenciar o uso do catalán no contorno laboral, dado que considera esta lingua como unha ferramenta de competitividade para empresas e empregados.
Fonte: Qué!
Un total de 2028 persoas participou o ano pasado nas actividades culturais en éuscaro que organizou o Goberno de Navarra, a través do Instituto Navarro do Éuscaro, no marco do programa Kultur Zikloa.
Fonte: Europa Press
Trinta inmigrantes chegados de Brasil, Chile, Colombia, Cuba, México, Nixeria, Paraguai, República Checa, República Dominicana, Romanía, Senegal, Uruguai, Venezuela e diversos puntos do Estado español concluíron o obradoiro de integración lingüística e cultural organizado polo Concello de Carballo.
Fonte: El Correo Gallego
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, eloxiou o papel de Isaac Díaz Pardo a prol do desenvolvemento da Galicia do século XX.
Fonte: Xunta de Galicia
A Xunta de Galicia concederá á Real Academia Galega (RAG) para o presente ano un orzamento de 520 000 euros, tal e como se confirmou nun encontro mantido co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.
Fonte: Xunta de Galicia
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, participou na ofrenda floral a Afonso Daniel R. Castelao.
Fonte: Xunta de Galicia
A Deputación de Pontevedra convoca bolsas de prácticas remuneradas para menores de 31 anos, entre as que están catro dirixidas a graduados-as/licenciados-as en Filoloxía Galega.
Fonte: CTNL
Subscríbase ao boletín