Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    09 de xaneiro de 2013

    A demanda do catalán nas escolas de adultos de Menorca caeu en picado desde que esta lingua xa non é requisito para acceder á función pública en Baleares. Desde que o Goberno autonómico deu a coñecer este cambio de criterio hai dous anos, perdéronse o 66 % das matriculacións nesta materia.

    Fonte: Última Hora

    08 de xaneiro de 2013

    Arximiro Fernández Cabanelas, en representación do Servizo de Normalización Lingüística do Concello do Grove, anuncia que a localidade xa forma parte da Rede de Dinamización Lingüística, vinculada á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

    Fonte: Faro de Vigo

    08 de xaneiro de 2013

    Un usuario da piscina municipal de Redondela, Andrés Couñago Laxe, trasladou ante o Valedor do Pobo as súas queixas polo incumprimento nesta instalación deportiva da Ordenanza Reguladora do Uso do Galego no Concello de Redondela.

    Fonte: Faro de Vigo

    08 de xaneiro de 2013

    A exposición ten como obxectivo a promoción de dúas linguas dentro dun marco bilingüe galego-inglés. Ao mesmo tempo, apoiarase a accesibilidade tanto á lingua como á cultura inglesas, así como á disciplina da astronomía.

    Fonte: Universidade da Coruña

    08 de xaneiro de 2013

    Os servidores FTP de Mozilla contan, antes do seu anuncio oficial, coa versión definitiva do Firefox 18, nova versión do navegador web que xa está dispoñible para a súa descarga en galego para Windows, OS X e Linux.

    Fonte: Código Cero

    08 de xaneiro de 2013

    Un total de 540 profesores de inglés en escolas públicas dos distintos estados brasileiros embarcarán con destino aos Estados Unidos para realizar un curso de perfeccionamento da lingua.

    Fonte: Coletivo

    08 de xaneiro de 2013

    Un total de 540 profesores de inglés en escolas públicas dos distintos estados brasileiros embarcarán con destino aos Estados Unidos para realizar un curso de perfeccionamento da lingua.

    Fonte: Coletivo

    08 de xaneiro de 2013

    Desenvolven unha aplicación para ordenador que permitirá traducir desde o inglés á lingua nativo-americana seneca, que posúe un maior rango de matices e que aínda continúa evolucionando.

    Fonte: Press Connects

    08 de xaneiro de 2013

    O grupo Compromís denunciou que grande parte dos carteis de Valencia incumpre a ordenanza do valenciano aprobada pola cidade ao figurar só en castelán as informacións.

    Fonte: Levante-emv

    08 de xaneiro de 2013

    Máis de 160 entidades do sector privado recibirán axudas, por un importe conxunto de 2,28 millóns de euros, dentro da última convocatoria do programa Lanhitz, dirixido a fomentar o uso e a presenza do éuscaro nos centros de traballo.

    Fonte: Deia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder