O catalán ocupa a décimo novena posición na clasificación das linguas máis utilizadas en Twitter, segundo o estudo ‘O Twitter de Babel: mapa das linguas do mundo a través de plataformas de microblogging’.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O catalán ocupa a décimo novena posición na clasificación das linguas máis utilizadas en Twitter, segundo o estudo ‘O Twitter de Babel: mapa das linguas do mundo a través de plataformas de microblogging’.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A comunidade de editores e editoras da Wikipedia en galego levaba dende 2008 facendo unha media aproximada de 12 000 novos artigos por ano, mais neste 2012 a cifra foi moi superior: máis de 15 000.
Fonte: Prolingua
No ultimo mes, das 48 noticias colgadas no Facebook do Concello, só 3 estaban escritas en valenciano, o que non chega nin ao 7 % das publicacións.
Fonte: El Periodic
O Teatro Gayarre de Pamplona acollerá varios espectáculos infantís en éuscaro, da man das compañías Kresala, Hika Teatroa e Teatro Paraíso.
Fonte: Noticias de Navarra
O finés será unha lingua opcional nas escolas infantís e residencias da terceira idade en oito novas cidades suecas, dado que o Goberno aumentou os dereitos dos falantes de linguas minoritarias en todo o país.
Fonte: The Local
Unha nova disposición determina o status da lingua de signos e defínea como lingua de comunicación en casos da perda de audición e/ou fala, incluso nas esferas do uso da lingua oficial da Federación Rusa.
Fonte: La Voz de Rusia
A Deputación de Pontevedra impulsa tecnoloxicamente os mercados municipais empregando tamén a lingua galega na aplicación para dinamizar o comercio como sector produtivo.
Fonte: CEG
Con motivo da súa campaña de Nadal, o Concello da Coruña que preside Carlos Negreira (PP) inzou a cidade de carteis con lemas que para o grupo local d'A Mesa pola Normalización Lingüística "ridiculiza" a cidade e non só pola "clamorosa irrelevancia da lingua galega".
Fonte: Praza Pública
O Plenario do Consello da Cultura Galega aprobou un orzamento de 2,5 millóns de euros para 2013, o que supón unha diminución do 5,5 por cento con relación ao ano anterior.
Fonte: Culturagalega.org
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria mostrou o seu apoio á longametraxe documental 100 % Celso Emilio Ferreiro. A proxección, que tivo lugar no Auditorio de Celanova, contou coa presenza do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.
Fonte: Xunta de Galicia
Subscríbase ao boletín