A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, participou na entrega do premio do Certame de Investigación Condado de Pallares.
Fonte: Xunta de Galicia
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, participou na entrega do premio do Certame de Investigación Condado de Pallares.
Fonte: Xunta de Galicia
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou o novo espectáculo “Brincabolechas. Circo de Nadal”, un musical infantil co que os seis irmáns Bolechas e o seu can, Chispa, dinamizarán a lingua galega entre as nenas e nenos de sete cidades e vilas galegas.
Fonte: Xunta de Galicia
Todos os grupos políticos do Concello de Tafalla, xunto a asociacións veciñais, centros educativos e outros colectivos representados na Comisión Municipal do Éuscaro, subscribiron o Decálogo Municipal no que apostan polo uso normalizado e o fomento do éuscaro na localidade.
Fonte: Noticias de Navarra
O goberno británico está planeando excluír o hebreo dunha lista de idiomas estranxeiros recoñecidos no sistema educativo nacional.
Fonte: Aurora-Israel
Despois do éxito nas redes sociais das fotos da acción "Gústame o galego", chega agora un divertido e entusiasta vídeo co que moita xente quere seguir dicindo que lle gusta o galego.
Fonte: CTNL
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, confirmou que en 2013 a Real Academia Galega continuará a ter unha achega económica por parte da Xunta, así como o apoio da Administración autonómica para a realización das actividades e proxectos que desenvolva a devandita institución.
Fonte: Xunta de Galicia
Os equipos de dinamización da lingua galega ofrecen unha manchea de recursos para festexar o Nadal en galego desde as aulas, así como materiais escolares confeccionados con motivo desta celebración.
Fonte: Xunta de Galicia
O ministro de Educación, Cultura e Deporte, José Ignacio Wert, asegurou que as linguas cooficiais (catalán, galego, éuscaro e valenciano) van ter o mesmo tratamento que o castelán e o resto de materias troncais en carga lectiva na futura Lei de mellora da calidade educativa (LOMCE).
Fonte: Europa Press
O Museo do Mar de Galicia acolle ata o próximo 19 de xaneiro a exposición multimedia sobre Valentín Paz-Andrade que promove a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Fonte: Xunta de Galicia
Euronews, a canle de noticias internacional, incorporou un novo idioma, o grego, co que quere chegar á comunidade de Grecia e Chipre repartida por todo o mundo.
Fonte: SatCesc
Subscríbase ao boletín