O presidente Nursultan Nazarbayev propúxolle ao Goberno a tarefa de comezar a preparar a transición da lingua cazaque ao alfabeto latino antes de 2025. Actualmente, o alfabeto utilizado por esta lingua é o cirílico.
Fonte: Tengri News
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O presidente Nursultan Nazarbayev propúxolle ao Goberno a tarefa de comezar a preparar a transición da lingua cazaque ao alfabeto latino antes de 2025. Actualmente, o alfabeto utilizado por esta lingua é o cirílico.
Fonte: Tengri News
Os datos publicados amosan unha caída do 2 % no número de persoas que falan galés, baixando ao 19 % da poboación de Gales. Porén, o antigo presidente do Consello da Lingua Galesa, Elis-Thomas, desestimou os resultados sobre a lingua e calificounos de "porcentaxes aproximadas".
Fonte: BBC
Regalar en éuscaro é a mellor opción para que os rapaces falen a lingua durante o seu tempo libre, comezando polas vacacións escolares. Así o entenden as institucións de Enkarterri, que un ano máis redobran os seus esforzos para normalizar o éuscaro a pé de rúa.
Fonte: Deia
A páxina web da Constitución Española en lingua de signos, destinada ás persoas xordas, recibiu na súa primeira semana de existencia máis de 1200 visitas.
Fonte: Diario Vasco
A lingua portuguesa recupera pouco a pouco a forza en Timor Leste debido, principalmente, a un plan de introdución en educación primaria e secundaria. A partir de 2013, tamén acadará a formación universitaria na ex-colonia portuguesa.
Fonte: Terra
Os novos doutores que traballan nos hospitais irlandeses terán que demostrar o seu nivel de inglés debido aos novos e estritos requirimentos lingüísticos esixidos no país.
Fonte: Herald
A Dirección de Planificación Lingüística da Universidade Pública de Navarra convocou o I Concurso de Vídeos Curtos 'Euskera aukera’ co obxectivo de promover o uso normalizado desta lingua no centro universitario.
Fonte: Europa Press
O Centro de Normalización Lingüística de Barcelona lanzou a campaña de Nadal ‘I tu jugues en català?’ (E ti, xogas en catalán?), unha iniciativa para fomentar o uso do catalán no sector do xoguete, xa que este idioma está presente só no 6 % das embalaxes.
Fonte: Qué!
Máis de 30 000 alumnos repartidos por 200 centros de toda Galicia se sumaron á iniciativa organizada pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización Lingüística.
Fonte: La Voz de Galicia
O decreto do plurilingüismo xa ten a súa sétima sentenza, e esta vez rexéitase totalmente o recurso presentado por Galicia Bilingüe.
Fonte: La Voz de Galicia
Subscríbase ao boletín