Xeorxia conmemora o 35 aniversario das históricas manifestacións para pedir o status oficial do idioma xeorxiano, demanda que foi satisfeita sorprendentemente polas autoridades soviéticas sen recorrer á forza.
Fonte: El Confidencial
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Xeorxia conmemora o 35 aniversario das históricas manifestacións para pedir o status oficial do idioma xeorxiano, demanda que foi satisfeita sorprendentemente polas autoridades soviéticas sen recorrer á forza.
Fonte: El Confidencial
No medio da selva amazónica brasileira, un equipo de investigadores emprega os teléfonos móbiles para recoller historias da literatura oral e preservar, deste xeito, o patrimonio lingüístico das comunidades indíxenas que corren o risco de desaparecer sen deixar vestixio ningún.
Fonte: Terra
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria continúa dinamizando o uso da lingua galega no tempo de lecer coas actividades de ‘FalaRedes’.
Fonte: Xunta de Galicia
A Xunta de Galicia presentou a campaña “Exportar en galego”, promovida pola Consellería de Cultura e Educación, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, en colaboración coa Federación Galega de Parques Empresariais (FEGAPE). O obxectivo principal desta nova iniciativa, dirixida a promover o uso do galego no ámbito dos negocios, é concienciar o empresariado galego de que a lingua propia de Galicia supón, para a exportación, unha vantaxe competitiva nos países de fala portuguesa.
Por primeira vez na historia da democracia tres deputados foron expulsados nunha mesma sesión plenaria. O episodio tivo lugar cando os deputados de Esquerra Republicana Joan Tardà, Alfred Bosch e Teresa Jordà insistiron en realizar a súa locución en catalán ignorando as advertencias do presidente do Congreso, Jesús Posada.
Fonte: ABC
O pleno do Parlamento de Navarra aprobou unha moción pola que se insta o Goberno Foral a “cumprir coas recomendacións do Comité Europeo de Expertos en Linguas Minoritarias e garantir a existencia dunha emisora de radio que emita unicamente en éuscaro na zona urbana de Navarra”.
Fonte: Noticias de Navarra
Segundo o centro letón de estudos de opinión pública SKDS, preto do 60 % dos cidadáns de Letonia móstrase a favor do ensino da lingua rusa nas escolas.
Fonte: Rádio Voz da Rússia
A editorial galesa Y Lolfa enviou unha petición á multinacional Amazon para que permita a publicación en Kindle de libros electrónicos en galés. A iniciativa reuniu xa máis de 2000 sinaturas.
Fonte: Wales Online
A última edición do Atlas das linguas do mundo en perigo da Unesco revela que a lingua piemontesa corre o risco de desaparecer. O Concello de Turín convida o Goberno e Parlamento italianos a incluír o piemontés no grupo de linguas minoritarias protexidas.
Fonte: Torino Today
A primeira enquisa sociolingüística que se realiza en Córsega sobre a lingua rexional revela, ademais dun forte sentimento de apego á lingua, un importante consenso a favor do bilingüismo en toda a illa.
Fonte: Corse Net Infos
Subscríbase ao boletín