Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    09 de abril de 2013

    O director xeral de Ordenación, Innovación e Formación Profesional, Onofre Ferrer, iniciou a presentación do borrador do proxecto de decreto polo que se regula o tratamento integral das linguas aos directores de centros educativos non universitarios de Baleares.

    Fonte: Última Hora

    09 de abril de 2013

    A Xunta, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), vén de solicitarlle a Google a tradución ao galego do sistema operativo Android. Con esta iniciativa, que contou coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, búscase que este sistema operativo, baseado en software libre, estea dispoñible en galego para todos os cidadáns, independentemente do terminal que empreguen.

    09 de abril de 2013

    Desde N’Ast salientaron que "a calamitosa situación que lle espera á lingua asturiana no sistema educativo e, por extensión, ao profesorado que imparte a materia, non vai depender da Lei orgánica para a reforma da calidade educativa (LOMCE), senón da ausencia de oficialidade”.

    Fonte: Info Asturies

    09 de abril de 2013

    O titular de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, anunciou que arranca “Espello Deportivo”, un proxecto que “promoverá a lingua galega no ámbito, e a través do ámbito, do deporte, desde a Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia”.

    Fonte: Xunta de Galicia

    09 de abril de 2013

    O principal obxectivo desta iniciativa impulsada pola Mancomunidade da Merindad de Durango e pioneira a nivel comarcal é aglutinar nun mesmo espazo todos os recursos existentes en Durangaldea para que, quen así o desexe, poida vivir nesta lingua dun modo pleno.

    Fonte: Deia

    08 de abril de 2013

    O Principiño, unha das obras máis traducidas da historia, celebra o seu septuaxésimo aniversario. As súas múltiples edicións inclúen versións en preto de 210 linguas. Comunidades lingüísticas moi pequenas, como a frisoa ou a saami, tamén contan cunha tradución propia.

    Fonte: Nationalia

    08 de abril de 2013

    O novo embaixador de Portugal en Timor Leste, Manuel Gonçalves de Jesus, clasifica a promoción da lingua e a colaboración comercial como prioridades diplomáticas e promete manter unha "relación especial" entre os dous países.

    Fonte: SIC Notícias

    08 de abril de 2013

    Leioa xa ten apuntalado o seu novo Plan de promoción do éuscaro, unicamente faltan uns retoques para que o equipo de goberno o presente ante o pleno do Concello para que este decida sobre a súa aprobación. Trátase dunha folla de ruta que recolle os obxectivos e plans de acción para fortalecer o idioma, que se realizarán entre este 2013 e 2017.

    Fonte: Deia

    08 de abril de 2013

    Un estudo realizado pola Fundación CNSE para a Supresión das Barreiras de Comunicación, coa colaboración da Universidade Autónoma de Madrid e a Fundación Germán Sánchez Ruipérez, e co apoio do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte demostrou, por primeira vez, que a lingua de signos ten un impacto favorable no hábito lector na educación de mozos xordos.

    08 de abril de 2013

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presentou a actividade de promoción do galego ‘As pombas de Carboeiro’, que percorrerá 19 concellos adheridos á Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia, no marco do programa “FalaRedes 2013”.

    Fonte: Xunta de Galicia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder