Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    04 de abril de 2013

    A investigación do filólogo Xaime Martín Martín, á que dedicou doce anos, baséase nunha comparación entre o éuscaro e o dogón, que é falado en Malí por arredor de 250 000 persoas. A comparación estrutural do éuscaro con tres dos catorce dialectos mogón "mostrou exactamente a mesma orde de palabras na frase", asegura Ruiz.

    Fonte: Cadena Ser

    04 de abril de 2013

    A Generalitat recibiu un total de 17 solicitudes de familias catalás para pedir a escolarización dos seus fillos en castelán durante este curso nos centros públicos (ata o 30 de xaneiro de 2013), mentres que durante todo o curso 2011-12 as peticións ascenderon a 106.

    Fonte: Granada Digital

    04 de abril de 2013

    A lei de linguas oficiais do territorio canadense de Nunavut entrou en vigor o pasado 1 de abril e establece o inuktitut como lingua oficial, xunto co inglés e o francés. "Este nivel de protección para unha lingua aborixe non ten precedentes en Canadá", declarou un responsable do Departamento de Cultura e Patrimonio do Goberno de Nunavut.

    Fonte: Nunatsiaq Online

    04 de abril de 2013

    A aplicación Prodeaf Móvel foi desenvolvida por estudantes da Universidade Federal de Pernambuco (Brasil) e traduce contido oral a lingua de signos. O seu obxectivo é axudar as persoas con deficiencia auditiva a se comunicaren a través do móbil.

    Fonte: Oficina da Net

    03 de abril de 2013

    O Instituto Vasco de Administración Pública editou un libro dixital dirixido a orientar na creación de páxinas web integramente en éuscaro. Komunikazio elektronikoa. IVAPe gomendioak web-orriak idazteko é o primeiro libro en liña pensado para o usuario interesado en crear páxinas e contidos web cuxa única lingua sexa o éuscaro.

    Fonte: Deia

    03 de abril de 2013

    O PP de Cataluña rexistrou unha proposición de lei no Parlamento para modificar a Lei de educación de Cataluña e que se garanta que o castelán e o catalán sexan vehiculares nas escolas catalás, apelando ás últimas sentenzas do Tribunal Constitucional, do Supremo e do Superior de Xustiza de Cataluña.

    Fonte: El Mundo

    03 de abril de 2013

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria impulsa a dinamización da lingua e da cultura galegas co seu apoio á Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG).

    Fonte: Xunta de Galicia

    03 de abril de 2013

    Está circulando pola rede un manifesto en defensa das editoras en galego impulsado por Héitor Picallo, que recolle sinaturas de apoio. O texto lembra o peche recente d'A Nosa Terra e alerta sobre novas desaparicións de selos históricos.

    Fonte: Praza Pública

    03 de abril de 2013

    O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, e mais o vicepresidente da Fundación Repsol, César Gallo Erena, asinaron un acordo de colaboración en materia de dinamización lingüística, coa finalidade de darlle apoio á literatura en lingua galega por medio do Premio Narrativa Breve Repsol.

    Fonte: Xunta de Galicia

    02 de abril de 2013

    O ministro da Lingua Galesa no País de Gales, Leighton Andrews, dirixiuse por escrito aos representantes das autoridades locais para pedirlles que traballen conxuntamente co Goberno galés e as comunidades para garantir a prosperidade da lingua galesa.

    Fonte: Caerphilly Observer

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder